Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
11/11/15
Recollida Solidaria
A Fundación Mariola pediunos toda a colaboración posible para facer chegar a todas as familias dos nenos do centro, a petición de colaborar co que se puidese na recollida de roupa e calzado usado. Grazas a todos vós por participar tan activamente nesta iniciativa e ter un espíritu tan solidario.
23 Outubro Día da Biblioteca Escolar
Dende a Biblioteca do noso centro propuxéronse diversas actividades para celebrar o Día da Biblioteca escolar. Unha delas consitiu en que cada neno/a debía pensar no seu personaxe de conto favorito e facer un debuxo representativo. Con todos eles elaboramos un mural que se encontra exposto nun dos nosos corredores.
Outra das actividades propostas foi a elaboración duns carteis, un por cada aula, onde cada neno/a debía plasmar as súas preferencias respondendo a seguinte cuestión: Gustariame ler un libro que tratase de...
Taller Mesa Doce
Os primeiros días de clase deste curso, realizamos un taller de lambetadas entre todos os nenos e as mestras do centro. Pasamolo moi ben e o resultado foi boísimo. Botadelle unha ollada e veredes.
Benvida o novo curso escolar
Con motivo do comezo do curso escolar desde o Ceip Celso Currás damola benvida a todos os nenos e nenas cuns murais moi especiais ... esperamos que vos gusten!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












