O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) celebrou a II edición do Proxecto de Desenvolvemento Creativo, traendo como artista invitada Mónica Alonso, para poder coñecer a súa obra.
Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
12/11/15
Visita da artista Mónica Alonso
O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) celebrou a II edición do Proxecto de Desenvolvemento Creativo, traendo como artista invitada Mónica Alonso, para poder coñecer a súa obra.
11/11/15
Halloween
A mestra de Inglés preparou un taller cos nenos de 1º ata 6º de Primaria, para facer unhas bruxas, uns morcegos e unhas pantasas moi terroríficas que logo adornaron este cartel coa temática de Halloween. Elaboráronse con materiais reciclados.
Ademais para tal celebración tivemos a degustación dun postre moi especial, uns donuts de chocolate decorados cunhas lambetadas semellando uns morcegos. Riquísimos!!!!!
Recollida Solidaria
A Fundación Mariola pediunos toda a colaboración posible para facer chegar a todas as familias dos nenos do centro, a petición de colaborar co que se puidese na recollida de roupa e calzado usado. Grazas a todos vós por participar tan activamente nesta iniciativa e ter un espíritu tan solidario.
23 Outubro Día da Biblioteca Escolar
Dende a Biblioteca do noso centro propuxéronse diversas actividades para celebrar o Día da Biblioteca escolar. Unha delas consitiu en que cada neno/a debía pensar no seu personaxe de conto favorito e facer un debuxo representativo. Con todos eles elaboramos un mural que se encontra exposto nun dos nosos corredores.
Outra das actividades propostas foi a elaboración duns carteis, un por cada aula, onde cada neno/a debía plasmar as súas preferencias respondendo a seguinte cuestión: Gustariame ler un libro que tratase de...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















