12/11/15

15- Octubro Día Mundial Lavado de Mans

 Con motivo do Día Mundial do Lavado de Mans realizamos un mural todos xuntos, mestras e alumnado pintando as nosas mans de cor azul. Ademais tamén se elaboraron uns carteis para todos os servizos do centro, así coma outras actividades relacionadas coa temática nas aulas.







Visita da artista Mónica Alonso


 O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) celebrou a II edición do Proxecto de Desenvolvemento Creativo, traendo como artista invitada Mónica Alonso, para poder coñecer a súa obra.




11/11/15

Halloween

 A mestra de Inglés preparou un taller cos nenos de 1º ata 6º de Primaria, para facer unhas bruxas, uns morcegos e unhas pantasas moi terroríficas que logo adornaron este cartel coa temática de Halloween.  Elaboráronse con materiais reciclados.

  

Ademais para tal celebración tivemos a degustación dun postre moi especial, uns donuts de chocolate decorados cunhas lambetadas semellando uns morcegos. Riquísimos!!!!!


Concurso de Cabazas



 Con motivo do Sanmain celebramos, como xa fai moitos anos no centro, o Concurso de Cabazas coa colaboración e participación dos nenos e nenas e das súas familias. Todos os nenos levaron agasallos por participar no concurso.








Recollida Solidaria

 A Fundación Mariola pediunos toda a colaboración posible para facer chegar a todas as familias dos nenos do centro, a petición de colaborar co que se puidese na recollida de roupa e calzado usado. Grazas a todos vós por participar tan activamente nesta iniciativa e ter un espíritu tan solidario.