Os nenos de Infantil, e os nenos de 1º a 3º elaboraron unhas árbores de Nadal moi especiais coas súas pegadas, ademais de pegarlles unha gran estrela amarela de goma eva. Aquí podedes ver unha mostra do noso traballo.
Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
12/12/15
RENOS DE NADAL
Na clase de Plástica os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria fixeron uns renos empregando material de reciclaxe e decorándoas con diferentes elementos coma ponpóns de cores, ollos de plástico e limpiapipas, quedaron moi ben!!!
ÁRBORE DE NADAL
Todos os anos cando chega o Nadal, na clase de plástica todos os alumnos e alumnas do centro elaboran os adornos da árbore de Nadal. Este ano os nenos de Infantil, de 1º e 2º fixeron unhas botas con cartolina e goma eva. Mentres que os nenos de 3º a 6º fixeron unhas bolas tamén con cartolina e alfinetes de perlas. Este foi o resultado final...
DECORACIÓN PORTAS DE NADAL
Como xa ven sendo tradición no cntro cada ano decoramos as portas das aulas coa temática de Nadal coa axuda dos nenos e nenas. Botadelles unha ollada e verdes que ben nos quedaron!!!!
AULA INFANTIL
AULA 1º-2º
AULA 3º-4º
AULA 5º-6º
BIBLIOTECA
DIRECCIÓN
25/11/15
Taller de Cociña
O día 25 de novembro levouse a cabo no centro un taller de cociña a través do Concello. Neste taller aprendimos moitas cousas grazas a Teresa, unha cociñeira moi simpática, que nos deu unha charla sobre nutrición. Traballamos con diferentes alimentos doces e salados e tamén con lambetadas. Para rematar o taller tivemos uns postres sorpresa!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















