16/12/15

O RELEVO DE ESPAÑA

 Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria elaboraron un mapa co relevo de España empregando cartolina e plastilina, durante as clases de Ciencias Sociais.


GLORIA FUERTES

 Na clase de Tarefas Integradas de 4º, levaron a cabo unha actividade sobre a escritora Gloria Fuertes, sobre a súa vida e obra. 
Realizaron un lap book que vos amosamos  e tamén un vídeo dun poema.






PALABRAS

 Durante o primeiro trimestre nas clases de Lingua os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria elaboraron un mural adicado as Palabras, onde plasmaron as diferentes clases de palabras, quedando exposto na clase.



POSTAL DE NADAL

 Con motivo do Nadal, na clase de plástica fixemos unhas postales para felicitar estas festas as nosas familias. Mirade que bonitas!!!


14/12/15

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

 Os alumnos do noso centro fixeron entrega, no día de hoxe ao Concello, dos alimentos recollidos na Campaña do Nadal para que sexan repartidos entre as familias máis desvaforecidas  do Concello.