Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
15/01/16
CONCERTO DIDÁCTICO ODAIKO
Ao comezo do 2º trimestre fixemos unha excursión e visitamos o Cine Teatro de Ribadeo para disfrutar dun concerto didáctico do grupo Odaiko.
18/12/15
FESTA DE NADAL
O último día de clase antes das vacacións tivemos a FESTA DE NADAL.
Primeiro puidemos disfrutar dun Teatro de Títeres, a cargo da Compañía Spaghettirros co espectáculo "CINCO HISTORIAS PARA UNHA MAN".
A continuación os nenos participaron nunha jinkana de xogos no polideportivo, organizada por Nuria. Tiveron que facer probas cantando panxoliñas, carreriras de renos, facer un puzzle....
De seguido tivemos unha visita moi especial...Papa Noel cargadiño de sorpresas e regalos...
E por último coa mestra de música cantamos unhas panxoliñas no salón de actos do centro para todos os nenos e nenas do cole.
ORTOGRAFÍA
Nas clases de Lingua Castelá de 5º e 6º Primaria levaron a cabo uns carteis traballando diferentes normas de ortografía, moi útiles para cando hai dúbidas!!!
CONCURSO MASCOTA DA BIBLIOTECA
Casi o remate deste 1º trimestre, dende a Biblioteca do centro levamos a cabo o concurso para elexir a mascota da biblioteca, pedindo a participación de todos os nenos e nenas. Fixemos unha votación entre todos os debuxos presentados, seleccionando como finalistas os tres máis votados. E para elexir o gañador fixemos unha segunda votación entre os finalistas. Despois de que votasen todos os nenos o gañador foi...
MURAL MASCOTA BIBLIOTECA
VOTACIÓN
1º FINALISTA E GAÑADOR : O CAMIÓN LECTOR
2º FINALISTA: OS BÚHOS LECTORES
3º FINALISTA: SAPIN O LIBREIRO SALTARÍN
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















