20/01/16

AXENTES VERDES

 Como sabedes o centro está a traballar en diferentes proxectos coma Voz Natura ou Sogama entre outros que están orientados a tranaballar a reciclase de diferentes tipos de residuos. Deles xurdiu "As 3 R do Currás" creando a Brigada dos Axentes Verdes. Esta brigada encargase unha vez por semana de recoller polas diversas instalacións do centro as bolsas do papel, do plástico e do cartón para reciclar.




15/01/16

CONCERTO DIDÁCTICO ODAIKO

 Ao comezo do 2º trimestre fixemos unha excursión e visitamos  o Cine Teatro de Ribadeo para disfrutar dun concerto didáctico do grupo Odaiko.







18/12/15

FESTA DE NADAL

 O último día de clase antes das vacacións tivemos a FESTA DE NADAL.


Primeiro puidemos disfrutar dun Teatro de Títeres, a cargo da Compañía Spaghettirros co espectáculo "CINCO HISTORIAS PARA UNHA MAN". 



 A continuación os nenos participaron nunha jinkana de xogos no polideportivo, organizada por Nuria. Tiveron que facer probas cantando panxoliñas, carreriras de renos, facer un puzzle....




 De seguido tivemos unha visita moi especial...Papa Noel cargadiño de sorpresas e regalos...





 E por último coa mestra de música cantamos unhas panxoliñas no salón de actos do centro para todos os nenos e nenas do cole.




ORTOGRAFÍA

 Nas clases de Lingua Castelá de 5º e 6º Primaria levaron a cabo uns carteis traballando diferentes normas de ortografía, moi útiles para cando hai dúbidas!!!


GORROS DE NADAL

 Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria decoraron uns gorros de Nadal para adornan a súa clase.