Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
01/02/16
PREPARANDO O ENTROIDO...
Como xa sabesdes o Entroido está moi cerca...así que no Celso Currás dende as clases de plástica estamos a preparar moitas sorpresas para a nosa festa....
I CONCURSO DO CARTEL ANUNCIADOR DO ENTROIDO
Todos os nenos e nenas do Celso Currás participaron no concurso e fixeron auténticas obras de arte....
O gañador do concurso foi Álvaro, noraboa a él e a todos os nenos/as que participaron no concurso!!!
29/01/16
A COMIDA DO NOSO HORTO
Como xa sabedes comezamos o curso plantando moitas cousas no horto...pois aquí tedes a mostra do ben que se da e xa puidemos degustar no comedor moita da verdura que plantamos.
27/01/16
CHARLA E ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN VIAL
Hoxe recibimos a visita no centro de persoal da Xefatura de Tráfico de Lugo para unha charla se seguridade vial, a que asistirón todo o alumnado do centro.
Ademais dunhs circuitos que fixeron no pavillón do centro nas clases de Educación Física.
COMEZANDO A TRABALLAR NA RECICLAXE
Como sabedes estamos traballando no Proxecto de Sogama, unha das actividades que comezamos a facer neste 2º trimestre foi un mural onde traballamos as distintas formas de reciclaxe. Aquí podedes ver o ben que nos quedou!. Grazas a mestra de plástica que nos axudou moito na elaboración do mural.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















