10/03/16

OBRADOIRO LECTURA

 Os nenos e nenas da clase de primeiro e segundo realizaron unha actividade de animación a lectura sobre Rosalía de Castro. Leron e aprenderon o seu poema "Negra Sombra", ademáis de ilustrar o poema tamén decoraron unha caricatura da célebre escritora.






24/02/16

DIA ROSALÍA DE CASTRO EN TRABADA


DÍA ROSALÍA DE CASTRO




NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando imaxino que es ida, 
no mesmo sol te me mostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas, 
si choras, es que ti choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que semp`re me asombras.
(Rosalía de Castro) 

Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg

17/02/16

CHEGOU O INVERNO

 Aquí tedes o bonito mural da aula de Infantil dando a benbida o inverno....

15/02/16

CARTEL ENTROIDO DE TRABADA

 Aquí tedes o Cartel do Entroido de Trabada co debuxo gañador dun alumnos do noso centro! Noraboa Álvaro!!!