Na clase de Plàstica, os mais maiores do cole fixeron uns CDS con materiais reciclados. Mirade que artistas!!!!!
Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
10/03/16
OBRADOIRO LECTURA
Os nenos e nenas da clase de primeiro e segundo realizaron unha actividade de animación a lectura sobre Rosalía de Castro. Leron e aprenderon o seu poema "Negra Sombra", ademáis de ilustrar o poema tamén decoraron unha caricatura da célebre escritora.
24/02/16
DÍA ROSALÍA DE CASTRO
NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando imaxino que es ida,
no mesmo sol te me mostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choras, es que ti choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que semp`re me asombras.
(Rosalía de Castro)
17/02/16
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
