31/03/16

GOTAS PARA NÍXER

Unha pinga para NÍXER  é un Proxecto desenvolto por UNICEF para acadar cartos para diferentes proxectos en Níxer. O día 30 de Marzo levouse a cabo unha Carreira Solidaria coa participación de alumnos, docentes e familias do centro.


















20/03/16

DíA DO PAI

E tamén nas clases de Inglés fixemos unha postal para agasallar os pais....mirade o resultado!


DÍA DO PAI

Dende a clase de Plástica elaboráronse unhas postais para agasallar a todos os pais!
INFANTIL

1º e 2ºEP

3º-6ºEP

DÍA DO CONSUMIDOR

Con motivo do día do consumidor propúxose unha actividade para traballar a clasificación dos plàsticos que se adoitan a consumir. Cada alumno debía traer da casa unha bolsa con plásticos para logo reciclar. Eleboráronse unha serie de carteis característicos de cada tipo de plástico onde despois repartirían os materiais reciclados.












OVOS DE PASCUA

Para rematar o trimestre antes das vacacións de Semana Santa fixemos a tradicional búsqueda dos ovos de Pascua, organizada dende o Departamento de Inglés! E contamos coa participación dos nenos  de Peque xogos, do noso Concello.