19/08/17

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA



Despois de levar varios anos neste proxecto, por fin chega ao noso colexio o obradoiro de...Ponlle as pilas ao teu bocata.

Primeiro as monitoras  explicáronnos a forma de alimentarnos ben cunha charla e uns xogos.
                                                                           





Despois, no comedor os rapaces puxeron en práctica eses bos consellos elaborando cada un o seu bocata preferido.






Todos xuntos disfrutamos dun bocata de media mañá no porche.


NA BÚSQUEDA DOS OVOS DE CHOCOLATE


Antes das vacacións de semana santa, xa é tradición no colexio , despedirnos cunha cesta chea de ovos de chocolate. Este ano, resultou un pouco difícil escondelos polo día espectacular que facía e moitos deles desfixéronse polo calor.

                                                                                 

 Xa estamos todos preparados para ir en busca dos OVOS......





As veces resulta un pouco complicado velos....









ANIVERSARIOS DO 2º TRIMESTRE


  







TÍTERES NA ESCOLA



O mércores 5 de abril recibimos a visita dun grupo de alumnos do CEIP. Gregorio Sanz de Ribadeo. Eles, xunto coa súa mestra "Tere", presentáronnos "A Berenguela" con Títeres e dous pequenos contos empregando o teatriño Kamishibai.



03/04/17

INNOVANDO NO COMEDOR

Este mes, no comedor,  os rapaces probaron novos pratos: lasaña, melón con xamón, arroz caldoso. Tiveron moi boa acollida.
Aí deixámosvos unhas fotos.