Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
19/08/17
ADAPTANDO O CENTRO AO AUTISMO
Iniciaron a actividade sensibilizando aos rapaces do noso centro con este tema e remataron colocando un pictograma en cada dependencia do colexio para facilitarlles así, o seu día a día.
O DÍA DO LIBRO
Durante este curso, os rapaces fixeron distintas actividades na biblioteca. Unha delas, foi elaborar un lema para a nosa mascota. Despois, coa mascota e co lema, elaboramos unhos marcapáxinas (se entregaron aos rapaces o día do libro) e unhos adhesivos para colocar nos libros da biblioteca.
Tamén elaboraron un libro coas súas historias preferidas.
FROITA NA ESCOLA CO FOGGA
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Despois de levar varios anos neste proxecto, por fin chega ao noso colexio o obradoiro de...Ponlle as pilas ao teu bocata.
Primeiro as monitoras explicáronnos a forma de alimentarnos ben cunha charla e uns xogos.
Despois, no comedor os rapaces puxeron en práctica eses bos consellos elaborando cada un o seu bocata preferido.
Todos xuntos disfrutamos dun bocata de media mañá no porche.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)