10/10/17

EMOCIONÁMONOS


O venres pasado tivemos unha charla de Intelixencia Emocional. Coñecimos un pouco máis a fondo as nosas emocións e como funcionan dentro de nós.  
Descubrimos as ensinanzas e aprendizaxes emocionais que hai nas películas de debuxos que tanto nos gustan, en especial na de Inside Out, que viramos anteriormente no cole. 





Foi moi  divertido, e tod@s mostrámonos un pouquiño máis de nós ante os demais!  Agora é o momento de ir poñendo en práctica no día a día o que aprendimos e seguir descubrindo este mundo. 










Xa sabemos que Crer en nós é o punto de partida, e todos podemos lograr aquilo que nos propoñamos. 










Gracias a Guillermo Amor por facernos pasar un rato tan agradable e  axudarnos a mostranos tal e como somos. 



Ata a próxima! A seguir EMOCIONÁNDONOS ;)



03/10/17

Benvido Outono!





O patio do cole vístese de follas, castañas, cores amarronadas... para darlle a súa mellor benvida á nova estación. Os nenos e nenas aproveitan os tempos de lecer para disfrutas de todo isto.




O CINE PONSE EN MARCHA


CINE EMOCIONAL: Del Revés.

Como este ano estamos a aprender sobre o mundo do CINE, o venres pasado puidemos disfrutar da nosa primera estrea no cine do colexio, e vaia estrea! Foi completiña!

Para poder entrar ao cine,  compramos as entradas:

















Os acomodadores, realizaron moi ben o seu traballo e dispuxéronnos correctamente na sala:




Disfrutamos e démonos un pequeno pracer acompañando a película con palomitas :















E, sobre todo, aprendimos un pouquiño máis sobre intelixencia emocional e cómo funcionan as emocións dentro de nós.







Pd: Non podemos esquecernos de darlles as grazas aos estupendos traballadores do cine que fixeron a súa xornada xenial! Gracias aos pequenos de infantil pola súa axuda!

26/09/17

COMEZAMOS A RODAR!



Para que o curso e a rodaxe saian ben, o primeiro é coñecernos moi ben todos os membros do equipo. Este ano temos profes novas, e para traballar todos xuntos é preciso saber un pouco máis uns dos outros. Para isto, aproveitamos os primeiros días cuns xogos moi divertidos.

















Pero ... non nos podemos esquecer de que queremos chegar a ter un COLE DE PELÍCULA,  polo que é preciso recordar un pouquiño como debemos actuar e as normas que debemos respectar.


Xymkana e búsqueda das normas do curso 2017/18

GRAVAMOS UN NOVO CURSO?


1,2,3 ... UN NOVO CURSO DÁ COMEZO! 






E unha vez máis, chega Setembro e no Ceip Celso Currás xa estamos preparados para as aventuras que o novo curso nos depara. 
Estes primeiros días de Setembro , estamos a poñer o cole a funcionar para amosarvos  pouco a pouco os fotogramas deste novo curso cinematográfico, e lograr entre todos converter o cole nun COLE DE PELÍCULA! Lograrémolo?  


A RODAR!