Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
19/12/17
3 DÍAS PARA AS VACACIÓNS!!
Xa nos atopamos de cheo mergullados na última semana do Trimestre e o Nadal está á volta da esquina!
Ao cole pouco a pouco van chegando máis decoracións navideñas e o ambiente vaise creando ata nos nos nosos menús! Ademais de doces navideños, disfrutamos de ricas tartas de cumpreanos para festexar os aniversarios do trimestre ( Ver nova entrada á volta das vacacións)
Papá Noel chegou con adianto por Trabada, e xa nos deixou algúns agasallos e experiencias para pasalo ben todos xuntos no cole.
A pasada semana o alumnado de 3º a 6º de Primaria tiveron a sorte de visitar platós de televisión e os estudos de gravación de series da televisión de Galicia. Coñecemos todos secretos que as rodaxes agochan, todas as técnicas que empregan para as montaxes, e metémonos de cheo no interior dos escenarios de traballo dos actores e actrices. Incluso tivemos a oportunidade coñecer e charlar con algún deles e velos en acción. Foi unha experiencia fabulosa e moi enriquecedora. Nen@s e mestras aprendimos moito! Gracias á Voz Audiovisual por abrirnos as súas portas e noraboa por todo o traballo que fan!
Outro agasallo que nos agarda esta semana, é a visita de todo o alumnado ao cine de Ribadeo. De seguro que o pasaremos xenial!
Non vos esquezades de ser bos, que estos días temos moita viaxiancia por todos lados! ;) ;)
E ide prácticando ben coas cartas, para que Papá Noel e os Reis Magos vexan como vades aprendendo!
Boas Festas a tod@s, disfrutade moito en familia e cargade moi ben as pilas para volver con moitas gañas no 2018!!!! :)
05/12/17
CONTA ATRÁS PARA O NADAL
Nun abrir e pechar de ollos, xa nos atopamos en Decembro e coa súa chegada, apróximase o querido Nadal.
O cole comeza a impregnarse de soños e ilusións navideñase e, ansiosos, tod@s contamos os días que faltan para as vacacións.
Para facer un pouco máis amena a espera, endulzáremos cada día co calendario de conta atrás. Xa queda menos! SEDE BOS ;)
Non vos esquezades de escribir a vosa carta, chea de bonitos desexos e ilusión para estas festas e o novo ano. O buzón agarda todas as vosas peticións ;)
28/11/17
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
POLA IGUALDADE !
O pasado venres conmemoramos no cole o DÍA POLO AMOR ÁS MULLERES E POLA IGUALDADE DE XÉNEROS.
Dentro dun proxecto de máis de 30 coles de Galicia, impulsado dende o CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín, participamos no noso particular " twitter". Con #EQUALITER, as nenas e nenos do CEIP Celso Currás poñemos de manifesto á nosa opinión.
# Pola igualdade, polo amor bonito, por un mundo sen máis mortes, polo respecto, por bicos consentidos, pola axuda, por un mundo sen violencia, por un MUNDO XUSTO EN IGUALDADE DE DEREITOS...
Os nen@s téñeno claro, máis amor e máis igualdade. A sociedade debe ser o seu reflexo.
" Hoy vas a descubrir que el mundo es solo para ti, que nadie puede hacerte daño...
Hoy vas a comprender que el miedo , se puede romper con un solo portazo"
GRACIAS ao cole de Abadín por esta maravillosa iniciativa, e por moitas máis! Porque nós tamén temos ALGO QUE DICIR! GRACIAS A TOD@S.
Porque tod@s queremos VOAR!
21/11/17
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de Novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.
É importante que todos coñezamos os dereitos básicos aos que todos os nenos e nenas teñen dereito, para concierciarnos e seguir loitando polo seu cumprimento. Queda moito camiño por recorrer, e moito por conseguir!
Porque todos se merecen ser coidados e queridos!
CANCIÓN MORAT: APRENDER A QUERERTE
CELEBRAMOS O MAGOSTO!
Magosto en compañía
O pasado venres os nenos e nenas de Trabada fomos a celebrar o Magosto a Asturias! Si! Ao noso pobo veciño de Abres. Alí disfrutamos dunha xornada moi divertida xunto cos nenos e nenas do CRA Ría del Eo de Abres e Piantón.
Fomos moi ben preparados para a ocasión como bos castañeiros e castañeiras , e mulleres e homes traballadores do rural. Aínda que a traballar moito non nos dedicamos, máis ben estivemos a xogar e a comer todo o que os do cole de Abres nos tiñan preparado.
Despois da mañá de xogos, para repoñer forzas, degustamos un bo banquete, no que, por suposto, non faltaron as castañas.
Grazas ao CRA Ría del Eo por esta xuntanza. PASÁMOLO MOI BEN!
Esperámosvos no noso cole!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

