06/03/18

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



O pasado 24 Febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Para celebrar o aniversario da famosísima escritora galega , no colexio abrimos a fiestra ás súas obras. Velaquí o resultado da caricatura-collage colectiva que fixeron @s alumn@s e unha mostra dalgunhas das súas obras!#abrideafiestra#abrindoafiestraaRosalianoCelsoCurrás



NEGRA SOMBRA.Canción

01/03/18

INFORMACIÓN PARA A MATRÍCULA



HOXE  1 de marzo ábrese o prazo de matrícula para novo alumnado. Dende o CEIP CELSO CURRÁS animámosvos a matricular aos vosos nen@s en TRABADA. 
Aquí vos deixamos información de utilidade sobre o colexio, razóns para elexilo! 

PRAZO MATRÍCULA : 1-20 marzo

Para máis información contactar co centro: 
982870856
ceip.celso.curras@edu.xunta.es










Agardámosvos!


27/02/18

EXCURSIÓN A CEDEIRA


O pasado venres acercámonos ata Cedeira para coñecer un pouco máis a vida mariñeira deste pobo. Grazas ao programa o Sabor da Aventura está no mar, coñecimos o funcionamento da lonxa, visitamos o porto e o Museo do mar. 



                   



Alí aprendimos a cerca das diferentes técnicas de pesca, falamos cos mariñeiros, ensináronnos o sistema da subasta de peixe, vimos como se almacenan e transportan os mariscos e outras delicias do mar.... e tivemos a oportunidade de degustar un xantar do máis mariño! Estaba boísimo, e nin nos percatamos de que estabamos a comer tanto peixe. 






















O día foi moi bo, a zona de Cedeira é preciosa, e malia o frío, pasamos unha boa, aínda que curta,  xornada mariña! Agora toca seguir aprendendo sobre os Arroases , os sabores do mar e sobre todo, seguir aumentando o seu consumo na nosa dieta. 



                                     



Grazas aos colaboradores do Programa por este día! Esperámosvos no cole. 





20/02/18

ENTROIDO 2018. ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS




ESTAMOS TODOS TOLOS AQUÍ.....  decía o Gato do País das Marabillas , e bo caso que lle fixemos, que despois duns cantos días aloucados de preparativos puidemos festexar o Entroido como se merece. 

Coellos, sombreros, soldados de cartas, reis, raíñas, gatos, cupcakes.... cobraron vida no Soño de Alicia para trasladarnos a pasada semana ao mismísimo PAÍS DAS MARABILLAS na nosa festa de Entroido para vivir un día de película. 




Nenos, nenas, mestres e familias disfrutamos dunha xornada colorida, animada e moi doce gracias a todos os postres que trouchedes ao cole. Moitas gracias pola vosa colaboración familias!








Agora, xa toca volver á rutina do colexio despois duns días de festa rachada, imaxinación e diversión carnavaleira, pero os nenos e nenas de Trabada somos afortunados que aínda nos queda un fin de semana de troula por diante co desfile do noso pobo. 

Carguemos moitos as pilas, que o tempo pasa voando e cando nos demos conta o trimestre rematou :  xa o advirte o coelliño branco, sempre apurado e ás présas ;) 


FELIZ FIN DE SEMANA DE ENTROIDO TRABADENSE!

06/02/18

CARGANDO.... ENTROIDO!



Xa nos atopamos mergullados de cheo na semana máis festeira do ano, o Entroido está a piques de chegar e no colexio xa se nota. 

O noso director de cine "Meco" ten as súas claquetas preparadas para rodar unha toma cada día, e chegar a grabar o venres,  un ENTROIDO DE PELÍCULA.



O cole xa está engalanado e nós co espírito entroideiro dentro. Quedan 3 días...! 




Non vos esquezades de ser tod@s bos actores e actrices esta semana cumprindo as ordes do Meco, e agardámosvos o venres para desfrutar todos xuntos dos disfraces e da festa. Recordámosvos que as famlias tamén poden amosar as súas mellores galas de Entroido ;) 


Resultado de imagen de feliz entroido


O venres agardamos pasar todos un día MARABILLOSO ;) Contamos con vós!