Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
20/03/18
EASTER EGGS!
A Pascua está próxima a chegar e con ela as vacacións!!
🐣A nosa exposición de "Easter Eggs" xa está lista con todas as vosas obras de arte e está a quedar ben bonitiña!
🐣
Moitas gracias a tod@s por participar nesta nova proposta!
SEMANA DA PRENSA II
PERIOARTISTAS
Unha mostra das creacións plásticas realizadas durante a Semana da Prensa
Vaia collages e debuxos tan lindos fixeron con anacos de xornais! Reciclando na Arte!!
Vaia collages e debuxos tan lindos fixeron con anacos de xornais! Reciclando na Arte!!
🎨
06/03/18
SEMANA DA PRENSA ESCOLAR
Estamos a celebrar a Semana da Prensa na Escola e con ela puxemos en marcha o noso pequeno Quiosco.
Os nenos e nenas poden disfrutar dos xornais e revistas da nosa terra así como daqueles máis internacionais, para enterarse tamén do que pasa no resto do mundo.
Recordemos o papel fundamental que xogan os medios de comunicación no día a día, e a importancia de ser bos críticos ante a información que recibimos, pois non todo é sempre como no lo contan.
Os nenos e nenas tamén están a traballar un pouquiño na prensa dixital, tan importante como a de papel ou máis hoxe en día, así como a coñecer as diferentes canles polas que nos chegan as novas ( telexornais, radios, redes sociais, xornais, artigos de revistas... )
Sempre é un bo momento para adicarlle un anaco do día a ler ou escoitar as novidades actuais cos vosos pequen@s.
O QUIOSCO DO CURRÁS
ALGÚNS DOS XORNAIS DISPOÑIBLES
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O pasado 24 Febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Para celebrar o aniversario da famosísima escritora galega , no colexio abrimos a fiestra ás súas obras. Velaquí o resultado da caricatura-collage colectiva que fixeron @s alumn@s e unha mostra dalgunhas das súas obras!#abrideafiestra#abrindoafiestraaRosalianoCelsoCurrás
NEGRA SOMBRA.Canción
01/03/18
INFORMACIÓN PARA A MATRÍCULA
HOXE 1 de marzo ábrese o prazo de matrícula para novo alumnado. Dende o CEIP CELSO CURRÁS animámosvos a matricular aos vosos nen@s en TRABADA.
Aquí vos deixamos información de utilidade sobre o colexio, razóns para elexilo!
PRAZO MATRÍCULA : 1-20 marzo
Para máis información contactar co centro:
982870856
ceip.celso.curras@edu.xunta.es
Agardámosvos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








