17/04/18

CONCERTO DIDÁCTICO



MÚSICA TRADICIONAL COA TRADESCOLA 

Onte no cole tivemos a sorte de desfrutar dun concerto didáctico da Tradescola de Música Tradicional lucense grazas á Deputación. 

Gozamos dunha xornada musical bailando muiñieira, e aprendendo como funcionan instrumentos tradicionais a veces máis esquecidos! 
Foi unha actividade estupenda, superproveitosa e entretida! Grazas aos profes da Tradescola pola súa visita! Intentaremos aplicar todo o aprendido ;) 








10/04/18

O NOSO HORTO



Coa chegada da Primavera atopámonos inmersos de cheo nas labores de horto... e xa que o tempo non nos acompaña para a colleita exterior, puxémonos mans á obra para deixar ben preparado o noso invernadero ecolóxico.
Forons uns días de plantación e traballo que todos desfrutamos, e agardamos ter bos resultados para poder probar tanta variedade como prantamos  ( xudías, coles,leitugas, cebolas, espinacas, guisantes, tomates, cenorias, brócoli...)

Esperemos que o tempo deixe florecer ao noso pequeno horto que cadavez colle máis forza.
Dende o cole xa coñecemos a importancia de comer san e natural, así como de coidar a natureza e o planeta terra. Pouco a pouco comezamos a deixar huella.















VISITA Á FEIRA DA CIENCIA



A semana pasada o alumnado de 5 e 6 visitou a Feira da Ciencia do Instituto de Ribadeo. Gustoulles moito a visita ao que será o seu "futuro fogar" e atoparon a antigos compañeir@s. 

Puideron experimentar que a ciencia non é tan aburrida como semella, e que incluso algunhas cousas parecen maxia. Viron experimentos de física e química, e sobre todo, recompilacións e estudos de plantas e restos xeolóxicos do alumnado de bioloxía e ciencias naturais da ESO. 







03/04/18

EASTER EGG HUNT





Para rematar o trimestre... tocou unha xornada de Pascua! 


No cole desfrutamos da Easter Egg Hunt, unha divertida búsqueda de Ovos de Chocolate, e tamén duns pequenos xogos cos que rematamos a mañá. 











SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE 2018


A semana pasada conmemorábase a Semana Escolar da Auga e da Árbore e foron varias as actividades que realizaron todos os pequen@s do Currás!
Con motivo do día da Auga, onte calzamos os tennis e a vestimenta deportiva para correr a carreira solidaria Gotas para Níxer xunto coas familias. 💦💧💦💧




Co diñeiro recaudado Unicef conseguirá auga potable ao país africano!


                                 


Moitas gracias a tod@s pola vosa participación animada e aportar entre tod@s tantas pinguiñas de axuda .
Tamén vos amosamos unha mostra dos traballos que o alumnado estivo a realizar. O salgueiro é a árbore protagonista deste ano , e os contos, traballos e plantación deste curso xiran en torno a el.