08/05/18

ALMORZO SAUDABLE



 

O  martes 24 de abril tivemos unha charla sobre nutrición e almorzos saudables!



Seguidamente puidemos degustar un variado e equilibrado almorzo! Estaba boísimo e gustounos moito probalo incluso sen azucre , mirade  pan con aceite, tomate e xamón, lácteos, froita variada... 























Agora toca poñer estos consellos nutricionais en práctica día a día, e recordar a importancia do almorzo para enchernos de enerxía!

24/04/18

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA



ALIMENTACIÓN SAUDABLE

A semana pasada  tivemos a visita das Profes de Alimentación e Nutrición Saudable! Con elas disfrutamos dunha entretida charla taller de alimencación e, como non, preparamos uns deliciosos e variados bocatas! Ñam ñam!! Grazas por un ratiño tan bo!





ARTISTAS CREANDO

CREACIÓNS PLÁSTICAS
Aquí vos deixamos unha mostra das artistadas dos corredores do cole que non vos ensinaramos: 
- Mulleres inventoras ( día da muller traballadora)
- O noso tendal personal ( retratos a lo grande)
- Primavera xeométrica : alumnado de 4,5 e 6.




DÍA DO LIBRO 2018


23 de Abril, día do Libro! 

E, como este ano o noso cole se está a centrar no Cine, pois foi tamén un día de Cine.
Escollimos unha escolma de Libros que foron levados á gran pantalla e nos cautivaron coa súa maxia. 
Aprendimos algo máis sobre a Historia do cine gracias aos nosos compañeiros, e desfrutamos do antigo cine mudo de Charles Chaplin. 
Os peques de infantil amosarónnos as suas creaccións dos primeiros debuxos animados de Walt Disney e...
Púxemos en marcha os Carriños Lectores que nos acompañarán nas clases, e no Patio, para que teñamos boas lecturas en calquer lugar do cole! Grazas a tod@s por participar na Actividade Comparte as túas lecturas, coa que os nenos e nenas van a poder gozar de novos libros 
"Un nen@ que le, será un adulto que pensa "
Boas lecturas 😊












17/04/18

CONCERTO DIDÁCTICO



MÚSICA TRADICIONAL COA TRADESCOLA 

Onte no cole tivemos a sorte de desfrutar dun concerto didáctico da Tradescola de Música Tradicional lucense grazas á Deputación. 

Gozamos dunha xornada musical bailando muiñieira, e aprendendo como funcionan instrumentos tradicionais a veces máis esquecidos! 
Foi unha actividade estupenda, superproveitosa e entretida! Grazas aos profes da Tradescola pola súa visita! Intentaremos aplicar todo o aprendido ;)