Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
08/05/18
O NOSO INVERNADOIRO
O noso invernadoiro colle forma, as plantas medran e o espazo énchese de cor grazas aos debuxos do alumnado.
Porque... No ceip Celso Currás temos unha meta, coidar o noso planeta! E non hai mellor maneira que comenzando por fomentar cultivo e consumo ECO!
ALMORZO SAUDABLE
O martes 24 de abril tivemos unha charla sobre nutrición e almorzos saudables!
Seguidamente puidemos degustar un variado e equilibrado almorzo! Estaba boísimo e gustounos moito probalo incluso sen azucre , mirade pan con aceite, tomate e xamón, lácteos, froita variada...
24/04/18
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
A semana pasada tivemos a visita das Profes de Alimentación e Nutrición Saudable! Con elas disfrutamos dunha entretida charla taller de alimencación e, como non, preparamos uns deliciosos e variados bocatas! Ñam ñam!! Grazas por un ratiño tan bo!
ARTISTAS CREANDO
CREACIÓNS PLÁSTICAS
Aquí vos deixamos unha mostra das artistadas dos corredores do cole que non vos ensinaramos:
- Mulleres inventoras ( día da muller traballadora)
- O noso tendal personal ( retratos a lo grande)
- Primavera xeométrica : alumnado de 4,5 e 6.
- O noso tendal personal ( retratos a lo grande)
- Primavera xeométrica : alumnado de 4,5 e 6.
DÍA DO LIBRO 2018
23 de Abril, día do Libro!
E, como este ano o noso cole se está a centrar no Cine, pois foi tamén un día de Cine.
Escollimos unha escolma de Libros que foron levados á gran pantalla e nos cautivaron coa súa maxia.
Aprendimos algo máis sobre a Historia do cine gracias aos nosos compañeiros, e desfrutamos do antigo cine mudo de Charles Chaplin.
Os peques de infantil amosarónnos as suas creaccións dos primeiros debuxos animados de Walt Disney e...
Púxemos en marcha os Carriños Lectores que nos acompañarán nas clases, e no Patio, para que teñamos boas lecturas en calquer lugar do cole! Grazas a tod@s por participar na Actividade Comparte as túas lecturas, coa que os nenos e nenas van a poder gozar de novos libros 
"Un nen@ que le, será un adulto que pensa "
Boas lecturas 😊
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























