22/05/18

PRIMAVERA ARTÍSTICA





COGAMI, XORNADA SOBRE DIVERSIDADE



Xornada no Colexio aprendendo sobre Diversidade! Diversidade visual, auditiva, motora, intelectual... e as moitas maneiras que hai de facilitarlles as actividades da vida cotiá. Todos diferentes, pero iguais. 


- As túas capacidades sempre serán máis grande que calquera discapacidade -

Gracias a Cogami Lugo pola xornada! 




15/05/18

PLAN ATRÉVETE


COÑECEMOS A FORMACIÓN PROFESIONAL

O alumnado de 5 e 6 puido disfrutar dunha xornada moi enriquecedora coñecendo o mundo da Formación Profesional no CIFP Politécnico de Lugo. 




Aprendimos un montón, coñecimos moitos oficios e tratáronnos de marabilla! Volvemos cunha nova experiencia no bolsillo, que sen dúbida nos axudará no futuro profesional.











08/05/18

O NOSO INVERNADOIRO



O noso invernadoiro colle forma, as plantas medran e o espazo énchese de cor grazas aos debuxos do alumnado.




Porque... No ceip Celso Currás temos unha meta, coidar o noso planeta! E non hai mellor maneira que comenzando por fomentar cultivo e consumo ECO!

ALMORZO SAUDABLE



 

O  martes 24 de abril tivemos unha charla sobre nutrición e almorzos saudables!



Seguidamente puidemos degustar un variado e equilibrado almorzo! Estaba boísimo e gustounos moito probalo incluso sen azucre , mirade  pan con aceite, tomate e xamón, lácteos, froita variada... 























Agora toca poñer estos consellos nutricionais en práctica día a día, e recordar a importancia do almorzo para enchernos de enerxía!