04/06/18

VISITA Á GRANXA ESCOLA DE PEDROMURIAS



Venres de xornada ecolóxica na Granxa Escola Cfea Pedro Murias! 
Fixemos pan, semilleiros, prantamos na horta... aprendimos sobre as especies de vexetais e legumes autóctonas, visitamos a finca e o seu gando ecolóxico... 
Volvimos cheos de aprendizaxes para poñer en pràctica no cole. 
Grazas pola visita, o bo trato e a rica merendola coa que nos agasallachedes!









COIDEMOS OS NOSOS MONTES


O pasado xoves gozamos no colexio dunha xornada estupenda impartida polos axentes e bombeiros forestais do Distristo 6º da Mariña Lucense. 

Na xornada aprendimos sobre os nosos montes máis próximos, as especies vexetais e animais que neles nos podemos atopar, e sobre todo trataron de concienciarnos sobre a importancia de telos ben coidados, e de actuar de maneira beneficiosa para o medio ambiente, sen causar estragos na natureza, nin prender lume a este tesouro tan preciado. 
Ademais, a brigada ensinounos como efectúan o seu traballo, os seus instrumentos para apagar os lumes e puidemos comprobar en 1ª persoa en qué consiste a súa profesión. 






Foi unha xornada moi enriquecedora, aos nenos e nenas de Trabada encantounos! GRAZAS A TODA A BRIGADA! :)

29/05/18

CONCERTO DIDÁCTICO


A semana pasada, o alumnado de 4,5 e 6 tivemos a oportunidade de desfrutar dun concerto didáctico en Ribadeo: a música a través da Historia! 





Foi estupendo grazas á Escola de Música e Danza por convidarnos! :) 

SEMANA CELTA NO COMEDOR


Semana das Letras Galegas, para festexar o día das nosas letras: comida da nosa terra, productos galegos no comedor! 

Tostas, lacón, polbo, pementos de padrón, empanada de zamburiñas, arroz caldoso mariñeiro, queixo de Ulloa con marmelo, tarta de Santiago...









LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO


Actividades das Letras Galegas 2018, adicadas a María Victoria Moreno







" As persoas estamos feitas para levar a cabo os proxectos máis fermosos "