Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
11/06/18
GOTAS PARA NÍXER
Agradecemento de Unicef a toda a comunidade educativa do Celso Currás pola colaboración económica de 165 € co pobo de Níxer na carreira Gotas para Níxer!
MAXIA NO ECOHORTO!
Maxia no EcoHorto, a nosa pequena historia do traballo ecolóxico no curso 2017-18.
Agardamos que vos guste o vídeo. Aquí vos amosamos o traballo realizado ao longo do ano.
04/06/18
FESTA VOZ NATURA 2018
O pasado sábado 2 de xuño nen@s, familias e mestras collimos rumbo a Culleredo para disfrutar da xornada de Festa de fin de curso de VOZ NATURA (programa co que colaboramos todo o curso).
Era a primeira vez que asistiamos e a verdade e que nos sorprendeu gratamente todo o que alí tiñan montado. Un amplo parque con instalacións deportivas e unha morea de actividades e exhibicións para gozar e aprender xunto con rapazada de moitos outros colexios de Galicia: xymcanas, colchonetas, talleres e obradoiros, exhibicións dos corpos de emerxencias, exército, garda civil, facultativos sanitarios.... e sobre todo, xa que é unha festa " Natura", actividades que fomentan a reciclaxe e o coidado do MEDIO NATURAL.
Grazas á Voz de Galicia por organizar unha festa así ;)
Aquí vos amosamos o ben que o pasamos, aínda que acabaramos esgotados!
DÍA DAS FAMILIAS 2018
Aquí unha mostra dos detalles que o noso alumnado elaborou o pasado Maio para agasallar no DÍA DA FAMILIA! :)
Un mantel para almorzar con temática moi cinemátografica! Porque sodes UNHAS FAMILIAS DE CINE!
VISITA Á GRANXA ESCOLA DE PEDROMURIAS
Fixemos pan, semilleiros, prantamos na horta... aprendimos sobre as especies de vexetais e legumes autóctonas, visitamos a finca e o seu gando ecolóxico...
Volvimos cheos de aprendizaxes para poñer en pràctica no cole.
Grazas pola visita, o bo trato e a rica merendola coa que nos agasallachedes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














