18/09/18

CURSO 2018/19



O COLEXIO ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS...

Aulas, corredores e patios volveronse a encher da vida dos máis pequen@s de Trabada, e aínda que de maneira moi suave, empezamos a preparar o terreo para o “horto” achegando as nosas sementes e regando cos valores que precisaremos para ter tod@s xunt@s un bo curso!!🌾

Feliz curso 2018/19 a tod@s!!!

19/06/18

XORNADA DE EMERXENCIAS


O pasado venres toda comunidade do CEIP Celso Currás puido gozar dunha xornada de aprendizaxe e posta en marcha dun amplo dispositivo de emerxencias. 
A actividade, organizada de maneira conxunta co ANPA foi ofertada a todo o pobo de Trabada.
Nela o alumnado puido aprender sobre os dispositivos de seguridade e emerxencia: garda civil, primeiros auxilios, funcionamento das ambulancias, técnicas de seguridade e reanimación... 

Sen dúbida, coñecementos moi útiles para a vida de calquera cidadán! Agardamos que non se nos esquezan durante o verán ;) 

Gracias a todo o equipo que nos ofertou esta proveitosa xornada! :)

11/06/18

O ALIMENTO É A MELLOR MENCIÑA


CHARLA COMIDA ECOLÓXICA E SUPERALIMENTOS

Aquí unha mostra da charla que tivemos durante este curso sobre comida ecolóxica e as propiedas dos superalimentos!

Aprendimos a distinguir uns productos doutros, concienciamonos dos beneficios na saúde dos productos libres de procesos químicos e aditivos e descubrimos o grande aporte que nos achegan os superalimentos que moitos descoñecíamos: quinoa, arroz rojo, semillas de chía...

É importante á hora de mercar fixarnos no etiquetado dos alimentos e intentar consumir, dentro do posible, produtos que coiden o medio.


Grazas a Guillermo Amor Roca, unha vez máis, polo entretido obradoiro!


No Currás, gústanos o selo ECO!








GOTAS PARA NÍXER


Agradecemento de Unicef a toda a comunidade educativa do Celso Currás pola colaboración económica de 165 € co pobo de Níxer na carreira Gotas para Níxer! 


MAXIA NO ECOHORTO!


Maxia no EcoHorto, a nosa pequena historia do traballo ecolóxico no curso 2017-18.

Agardamos que vos guste o vídeo. Aquí vos amosamos o traballo realizado ao longo do ano.