16/10/18

XORNADA COS CORPOS DE SEGURIDADE



A comezos de mes tivemos a oportunidade de acudir a unha exhibición dos medios de seguridade da Garda Civil en Ribadeo! 🚔🚓


Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que nos ensinaron!





BENVIDO DECLAN!


A gran novidade deste curso é o cole pasa a ser Plurilingüe e con iso temos a sorte de ter un Auxiliar de Conversa entre nós! Benvido Declan , estaremos encantad@s de terte con nós por Trabada e aprender moito do teu país e a túa lingua! 🇬🇧

09/10/18

HORA DE LER


Co novo curso implantamos tamén a HORA de LER📚📚
Estos días estamos a ler libros de igualdade e diversidade que o Cefore nos mandou nas súas maletas viaxeiras... 🛍











XOGOS NO PATIO


Para facer o patio máis dinámico e afastarnos un pouco do monopolio do fútbol durante o tempo de lecer, este ano os nen@s teñen outra variedade de xogos máis tradicionais á súa disposición para os recreos. 
Os xogos están tendo bastante boa acollida entre o alumnado, mirade! 




18/09/18

CURSO 2018/19



O COLEXIO ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS...

Aulas, corredores e patios volveronse a encher da vida dos máis pequen@s de Trabada, e aínda que de maneira moi suave, empezamos a preparar o terreo para o “horto” achegando as nosas sementes e regando cos valores que precisaremos para ter tod@s xunt@s un bo curso!!🌾

Feliz curso 2018/19 a tod@s!!!