Un ano máis participamos no proxecto conxunto de varios centros escolares de Galicia contra a violencia de xénero. EQUALITER, o twitter da igualde: por min, por nós, por el@s.
Aquí vos amosamos o vídeo elaborado polo Ceip Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín con todo o material recibido dos centros participantes. Gracias aos nos@s compañeir@s de Abadín por todo o traballo!!!
O pasado venres celebramos o Magosto popular no colexio, xunto cos rapaces e rapazas do CRA Ría del Eo de Abres e Piantón. Os máis pequenos gozamos dunha sesión de cestería, mentres que os maiores participamos nun obradoiro de baile tradicional galego. Ao rematar as actividades comimos e xogamos todos xunt@s. Por suposto, non faltaron as castañas! Grazas aos nos@s amig@s do cole veciño por participar nesta xornada xunto a nós!