Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
18/12/18
NADAL 2018
Apuntiño de adentrarnos na última semana do trimestre...,e, polo tanto, a piques de comezar o fermoso Nadal! 🎄✨
O cole énchese do espírito desta época chea de maxia e ilusión!
Os elfos xa están a traballar arreo e algún deles ten o seu posto de vixianza na chiminea do colexio para observar que tal se portan os nos@s pequen@s...
Nestes días deixemos tod@s saír o nen@ que levamos dentro!
Aquí vos amosamos parte da decoración do cole! :)
ADVENT CALENDAR
Coa chegada de Decembro, o cole énchese de espírito navideño e comeza a conta atrás para o Nadal!
O alumnado endózase cada día co noso Advent Calendar 📆✨
04/12/18
25N: A PORTA VIOLETA
Dentro das actividades do 25N, o alumnado de 5º e 6º creou a súa versión da Porta Violeta cara a liberación, sobre a que canta Rozalén 💜.
27/11/18
25N : EQUALITER.
Un ano máis participamos no proxecto conxunto de varios centros escolares de Galicia contra a violencia de xénero. EQUALITER, o twitter da igualde: por min, por nós, por el@s.
Aquí vos amosamos o vídeo elaborado polo Ceip Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín con todo o material recibido dos centros participantes. Gracias aos nos@s compañeir@s de Abadín por todo o traballo!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









