22/01/19

COOKING DAY!


Following the steps of a recipe.

A semana pasada o alumnado de 5º curso puido facer de chef un anaquiño con Declan aprendo a interpretar receitas en English! O smoothie que resultou estaba ben bo!



09/01/19

FELIZ 2019!! TOCA VOLVER ÁS CLASES...


Toca volver a empezar, aínda que o comezo foi bastante doce para o noso alumnado xa que os Reis Magos tamén se acordaron de pasar polo cole!!! Que sorte estes nen@s de Trabada!  agora a disfrutar , compartir e aprender cos agasallos recibidos!!!! 


FELIZ 2019 A TOD@S!


INTELIXENCIA EMOCIONAL


Obradoiro de Intelixencia Emocional para despedir o ano! Xornada preciosa de aprendizaxe en valores, loita polos soños e autocoñecemnto emocional! Porque todos podedes ser os Vosos propios Heroes. Gracias Guillermo Amor Roca! :)





NADAL 2018: CINE ROMPE RALPH


Para festexar o fin do trimestre acudimos ao cine de Ribadeo , onde pasamos un rato estupendo vendo Ralph rompe Internet!
E despois gozamos dun xantar en Pizzbur tod@s xuntos! Foi un día xenial para dar entrada ás vacacións!!!







18/12/18

NADAL 2018


Apuntiño de adentrarnos na última semana do trimestre...,e, polo tanto, a piques de comezar o fermoso Nadal! 🎄✨
O cole énchese do espírito desta época chea de maxia e ilusión! 
Os elfos xa están a traballar arreo e algún deles ten o seu posto de vixianza na chiminea do colexio para observar que tal se portan os nos@s pequen@s...
 

Nestes días deixemos tod@s saír o nen@ que levamos dentro! 

Aquí vos amosamos parte da decoración do cole! :)