28/05/19

CHARLA NUTRICIONAL. PLAN XERMOLA


Plan Xermola: charla nutricional e consellos bucodentais para mellorar a nosa saúde e benestar!

Familias moi atentas a estes conselliños dos que adultos e nen@s temos moito que aprender! Incluso nos deixaron algunha receita saudable para as merendas por se alguén se quere an
imar a probar. 



No hay ninguna descripción de la foto disponible.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

NOVA ORNAMENTACIÓN NO PATIO



Humanizamos o patio asfaltado e coidamos as novas plantas ornamentais!  


La imagen puede contener: cielo, nubes y exterior


La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, planta, árbol, exterior, naturaleza y comida

LETRAS GALEGAS 2019. ANTÓN FRAGUAS


" Eu traballei sempre por e para Galicia (...) A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron (...) sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra"

O idioma é vida, o idioma é riqueza, o idioma é unión.
Porque non hai nada máis fermoso que poder gozar de lingua propia! O galego é a fórmula, e non hai mellor maneira de facelo funcionar que nas bocas dos máis pequen@s! 

Feliz día das nosas Letras, da nosa fala!
Aquí vos amosamos os traballos realizados e recunchos adicados ao homenaxeado ao longo do día de onte.


La imagen puede contener: una persona

No hay ninguna descripción de la foto disponible.


ASÍ VEMOS A ANTÓN FRAGUAS. As nosas caricaturas. 

La imagen puede contener: una persona



Sementes de Coñecemento, coñecemos os beneficios das plantas 🌱
Libro elaborado con motivo das Letras Galegas dende a biblioteca.
Este ano, dentro da nosa temática NaturCurrás o alumnado, xunto coas súas familias, investigou sobre as propiedades medicinais e os usos de moitas plantas comúns.
Aquí unha mostriña dalgunha das fichas recollidas. Grazas pola axuda familias!



No hay ninguna descripción de la foto disponible.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.



As palabras máis fermosas da nosa lingua. 
Porque somos nen@s morriñentos aos que nos encanta xogar, dar apertas, bicos, compartir sorrisos, bágoas, aloumiños, delicia e agarimo... E gozamos coa nosa terra que nos ofrece tantos agasallos: brancas folerpas, paisaxes de verdes toxos, xoaniñas e bolboretas fermosos luscofuscos... 
Grazas Galicia!


COMO PROGRESAN AS NOSAS SETAS!


O cultivo de setas que temos estamos a coidar no cole está a dar moi bos resultados, e como vedes unha semana máis deu boa colleita que foi directiña ao prato 🍄 que boas estaban!!! Aquilo que sae das nosas mans sabe aínda mellor #comendonatural #ecóloxico

La imagen puede contener: comida

La imagen puede contener: comida

La imagen puede contener: comida

CONCERTO DIDÁCTICO


Concerto Didáctico "Música e Evolución" da man do crack Pablo Carpintero! Vaia xornada tan exitosa.
Canto aprendimos sobre a evolución dos instrumentos e a música na nosa terra! 
Foi superinteresante e divertido, grazas a Pablo e a súa muller por facernolo chegar tan ben e grazas á Deputación de Lugo por darnos esta oportunidade!


La imagen puede contener: 2 personas, interior