EduEmprende 2019. Visita do alumnado de 5 e 6 á cidade da cultura en Santiago para asistir ás xornadas de divulgación de proxectos de Formación Profesional de toda Galicia. Alí puidemos coñecer, e incluso experimentar proxectos de ramas tan variadas coma a hostalaría, a estética, a programación e a robótica, a mecánica, a rama sanitaria...#formaciónparaofuturo
Plan Xermola: charla nutricional e consellos bucodentais para mellorar a nosa saúde e benestar!
Familias moi atentas a estes conselliños dos que adultos e nen@s temos moito que aprender! Incluso nos deixaron algunha receita saudable para as merendas por se alguén se quere animar a probar.