23/03/20

MARTES 24.3.2020. COMEZAMOS O DÍA CON ENERXÍA.


Bo día chic@s!

Que tal ides? Entretid@s? Hoxe dedicarémoslle o  día a C. Sociais  e a English.

Empezamos con enerxía? Escoita a seguinte canción de Queen e montáte un baile motivador ben chulo e cheo de power. Compártesnolo?  Imos divertirnos un anaco.


A continuación reflexiona sobre os teus sentimentos e fai uns debuxos encadrado nun espello.   
1: Como me sinto?
2: Como me gustaría estar agora?

E por último, continúa cos retos que che propuxemos a comezos da semana!!!
Hoxe engadimos unha nova proposta. Un conto sobre esta situación que estamos a vivir que vos pode gustar, con ilustracións ben fermosas.

-      CORONAVIRUS NO ES NI UN PRÍNCIPE NI UNA PRINCESA https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa

TODO VAI SAIR BEN! J

TRABALLIÑO 23.3.2020 DÍA MATEMÁTICO E MUSICAL

1º PRIMARIA:  Traballo 23.3.2020

2º PRIMARIA: Traballo 23.3.2020

3º PRIMARIA: Traballo 23.3.2020

4º PRIMARIA: Traballo 23.3.2020 

5º PRIMARIA:  Traballo 23.3.2020

6º PRIMARIA:  Traballo 23.3.2020

Nova semaniña de Escola na casa :)


Bos días amig@s!! Comezamos nova semana….  Paciencia, sorrisos e positivismos para sobrelevar outra semaniña. Chegou a primavera e aínda que non o podemos disfrutar moito, si o podemos observar desde as nosas ventás e hortas.

Para comezar o día con alegría podemos escoitar de novo: Sonrisa (https://www.youtube.com/watch?v=JFyEx-DGvfk)

Os retos para este novo comezo serán:

-Facer de fotógrafos: mandar unha fotografía artística, ben chula de algo do que se observa desde a nosa porta/ ventá … da casa.

-Deseñar un collage primaveral (Técnica pictórica que consiste en pegar sobre una tela, papel u otra superficie otros materiales, como papeles diferentes, tela, fotografías, etc.)

-Facer un debuxo de flores ben colorido e fermoso partindo de formas xeométicras( cuadrados, rectángulos, círculos, rombos…)

-Facer unha pócima (intentar inventar un xarope contra o virus) empregando herbas, flores, follas, vinagres, aceites… etc todo o que se vos ocurra, pero cousiñas naturais.  Facer foto e compartir co resto do cole! Encántanos poder  vervos e saber algo de vós aínda na distancia.

- Facer un debuxo/ composición artística no chan con teas/ pancarta etc. co lema tan galego e tan positivo  e que tanto debemos pensar agora NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA J

E a nosa REFLEXIÓN para hoxe:  
Poñemos a seguinte canción que se está a escoitar moito estos días (https://www.youtube.com/watch?v=6yAIlGfkv6w ) Pechamos os ollos e imaxinamos. Que sintes? Reflexiona sobre a letra, e comparte os teus pensamentos co resto de compis J Pode ser en forma de vídeo ou escrito.

E o PENSA FÓRA DA CAIXA de hoxe vai con condición. Deberedes inventar algo relacionado coa primavera ( flores, árbores, insectos...) Por suposto, non é unha lúa ;) 





Por certo aínda non vimos fotiños de moitos dos retos anteriores! Estadesvos a esquecer? Ánimo! Que así aínda vos entretedes e matades o tempiño!!! J

Seguimos en contacto chicos!! Non vos esquezades de mirar todas as recomendacións que vos vamos engadindo nas redes sociais! Hai cousas moi chulas!  Alegrádenos os días coas vosas cousiñas! Encántanos recibir cousas vosas, que vos botamos de menos.

Saudiños e recordade ENTRE TOD@S saímos desta J


18/03/20

DÍA 3. TRABALLIÑO.



Ola de novo amiguiñ@s! Poñer todas as clases así leva o seu tempiño .... máis do pensado, e que as cousas funcionen, pero temos moitos días e tardes para facer o traballo proposto de hoxe, que ao final aínda vamos tar máis apurados que no cole ;) ( hehe) Aquí vos deixamos os enlaces ao traballo de hoxe para cada curso, e ao longo destos días iremos engadindo algunha idea máis de posibles cousiñas para facer no que sería a " ponte".

Grazas e moi bo día!!! 
Darvos as grazas porque xa vamos recibindo fotiños superchulas! Seguide así! :) Grazas ás mamis e papis por toda a axuda! E alumnado, non vos preocupedes se vos atopades algo perdidos, é normal. Facede o que poidades. Aquí estamos, para dúbidas. Ánimo! 

6º primaria
5º primaria
4º primaria 
Traballo 18.03.2020
3º primaria  
Traballo 18.03.2020
2º primaria
Traballo 18.03.2020
1ºprimaria  
Traballo 18.03.2020



DÍA 3. 18 MARZO 2020. COMEZAMOS CON ÁNIMO!


Bos días chic@s!!!!!! Que tal estades??? Hoxe por aquí luce o sol! Por aí por Trabada tamén? Está un día precioso, e estamos seguras de que ideas aguantando moi ben este encerro que nos toca vivir estos días.  Estades a aproveitar moito o tempiño coa familia?

Hoxe para comezar o día con moi boa enerxía propoñémosvos escoitar unha canción: TU sonrisa: https://www.youtube.com/watch?v=JFyEx-DGvfk  ( escoitadea todas as veces que queirades, saltade, berrade, bailade… J ) e contestade esta reflexión.


QUÉ SIGNIFICA UN SORRISO PARA TI? DE QUE MANEIRA INFLÚE EN TI E NO TEU AMBIENTE?

Despois coma sempre, podedes ver un vídeo con ensinanza:  Hoxe xa que a cousiña vai para uns días deixámosvos 3 J

Dust buddies: https://www.youtube.com/watch?v=xSCjrLK5M04 (amizade, empatía)
La cadena de la empatía: https://www.youtube.com/watch?v=Kv3LxHBSN3Y (empatía, boas acción)

Un Think out of the box para poñer as nosas cabeciñas a funcionar…..
Non é unha estrela! 



E hoxe por que non? Propoñémosvos uns cantos RETOS para estos días que serían “sen clase” ;) Anímadesvos a facelos? 
Sería xenial que enviarades fotiños deles! 


-      Construír algún tipo de forte/fortificación na casiña, como se tiveramos que crear unha guarida ou lugar de protección. Poñede imaxinación e a traballar! ( cartóns, coxíns, mantas, paus… todo vale!! J )



-      Facer unha lista da compra moi orixinal para estos días de confinamento na casiña ( a VOSA lista da compra eh? Non aquilo que os papás/mamás recomenden comprar; aquilo que a VÓS máis vos apeteza ter na casa estos días)


-      Mandar un vídeo ao teléfono do cole realizando algunha coreografía ( das que enviou Paula ou outra que vos apeteza a vós) así xa que non nos podemos ver cara a cara, anímamonos o día uns a outros.

-      Facer unha manualidade decorando pedras. Sei que non todos tedes xardín ou horta , pero vexamos se podemos conseguir unhas pedriñas para pintar e decorar ao noso xeito.

-      E , por último, facer algún tipo de móvil ou artefacto colgante con material de refugallo que poidamos colgar nunha ventá ou no balcón, e que ademais de decorar ben fermoso leve algún mensaxe de ánimo que nos chegue a tod@s.

Que vos parece? COMEZAMOS??  Con forza!!!  Let’s go campeóns!


Tamén podemos escoitar a canción que os maiores do cole nos ensinaron, e a verdade é preciosa, sobre a Amizade e o amor polos animais, HAPPIER, para motivarnos! Mirade que bonitas as imaxes!
Grazas por ensinarnola, compartir é de sabios!