25/03/20

XOVES 26.3.2020


Ola ola chicos! Un día máis de casiña, como amanecichedes hoxe?
-         Canción motivamente para gañar enerxía, unha da infancia das profes, do Xabarín Club que daquela eran os debuxos que nos entretiñan as tardes J : Estou na lavadora. https://www.youtube.com/watch?v=oinURxFXQB0

-         Un pouco de Ioga para coidar a nosa mente e corpo todos os días: https://www.youtube.com/watch?v=3bjggxDiXyk

-         E unha canción ben fermosa, adicada aos nosos maiores, composta estos días por Melendi:  https://www.youtube.com/watch?v=GARDfG6gj-I&list=RDGARDfG6gj-I&start_radio=1. Escribe as túas sensacións, que che transmite? De que cres que fala?

-         E agora, un conto que a todos nos encanta, edición especial Coronavirus. O monstro de cores. https://www.youtube.com/watch?v=nz5kfjB-Svc




    Que tal van esos retos de comezos de semana? Todos feitos? :) Estadelo a facer xenial! Grazas alumn@s e families! 

Traballiño 25.03.2020 Educación Física e Lingua Galega

Boas chic@s!! Hoxe toca... MOVER O ESQUELETO!! Estades list@s??

1º PRIMARIA:Traballo 25.03.2020
2º PRIMARIA:Traballo 25.03.2020
3º PRIMARIA:Traballo 25.03.2020
4º PRIMARIA:Traballo 25.03.2020
5ºPRIMARIA:Traballo 25.03.2020
6º PRIMARIA:Traballo 25.03.2020

24/03/20

UN DÍA MENOS CAMPEÓNS! 25.3.2020


Bos días chic@s que tal? Como comezades o día? Xa estamos a metade de semana!!   

Hoxe imos comezar o día tod@s cun pouquiño de Ioga, que nos vén moi ben para calmarnos e para estirar os corpiños que están máis parados do normal esta tempada J  Para comprobar que tod@s cumplichedes tedes que enviarnos  unha fotiña nunha posición ben chula e difícil!

Ioga para nen@s, animais mariños: https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY&t=4s

A continuación escoitamos unha das nosas cancións motivamente  para  ter boa enerxía o resto do día, a de onte, que seguro que aínda non a aprendichedes nin un pouquiño. Don’t stop me now! A mover o esqueleto!  https://www.youtube.com/watch?v=HgzGwKwLmgM


Hoxe, ademais propoñémosvos unha actividade emocional.  Sabemos que estos días nos están a servir para darnos conta daquilo máis importante, do Amor polos demais, do compartir momentos e sorrisos…  Veremos e escoitaremos a canción Eu teño alguén no meu corazón e faremos unha pancarta ben bonita (deseño libre,) cun corazón ben grande no que escribamos o nome e debuxemos a aquelas persoas e tamén cousas que temos no noso CORAZÓN e que desexamos abrazar estos días. https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es&t=136s


Por último, a actividade artísitica de boa mañá será  debuxar a cara de dous animais diferentes  partindo da forma dun triángulo. Sede orixinais e facédeo ben completiño.

Feliz Día!!!! :D

TRABALLIÑO 24.03.2020. English day e Ciencias Sociais

Bo día outra vez chic@s! Aquí vos deixo o traballo para o día de hoxe. Recordade que hoxe toca Ciencias Sociais e Inglés :)

1º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020
2º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020
3º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020
4º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020
5º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020
6º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020


23/03/20

MARTES 24.3.2020. COMEZAMOS O DÍA CON ENERXÍA.


Bo día chic@s!

Que tal ides? Entretid@s? Hoxe dedicarémoslle o  día a C. Sociais  e a English.

Empezamos con enerxía? Escoita a seguinte canción de Queen e montáte un baile motivador ben chulo e cheo de power. Compártesnolo?  Imos divertirnos un anaco.


A continuación reflexiona sobre os teus sentimentos e fai uns debuxos encadrado nun espello.   
1: Como me sinto?
2: Como me gustaría estar agora?

E por último, continúa cos retos que che propuxemos a comezos da semana!!!
Hoxe engadimos unha nova proposta. Un conto sobre esta situación que estamos a vivir que vos pode gustar, con ilustracións ben fermosas.

-      CORONAVIRUS NO ES NI UN PRÍNCIPE NI UNA PRINCESA https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa

TODO VAI SAIR BEN! J