26/03/20

OUTRA SEMANA SUPERADA!


Bos días de Venres chic@s!!

Xa chega a fin de semana! Como vai esa enerxía?? Que non decaiga eh, que é venres e o corpo sábeo!!! J

Para esta fin de semana propoñémosvos un SUPER RETO apétecevos??  As fins de semana sempre son sinónimo de descanso e diversión, e aínda que nos toque estar na casa non ía ser menos non? Por que non montar unha FESTA???
Pois si, para pasar estos días entretidos,  imos montar unha FESTA, unha FESTA PRIMAVERAL para darle a Benvida á nova estación que acaba de entrar.

En toda boa festa non pode faltar a decoración, podedes decorar o voso refuxio ou un recunchiño da casa/ xardín con motivos primaverais, posters, debuxos de flores… etc.
Ademais, hai que vestirse para a ocasión. Nada de pixama, nin chándal, a roupa máis colorida, divertida e aloucada que teñades. Todo vale con tal de crear unha mix de cores ben chula.

Hoxe como ademais é o día artístico dedicado á plástica imos facer algún accesorio para lucir ben bonitiñ@s. Ademais de pintarnos a cara con flores, mariposas, beizos coloridos… Imos facer un colar e diadema floreados. Se tedes campo accesible incluso o podedes facer de margaridas de verdade! Se non hai ideas moi chulas para facelo con pasta /palliñas e anacos de papel… Gústavos?? Calquera outra idea que se vos ocurra é benvida!!


   


En calquer festa, e máis en Galicia, ademais que non falta nunca??  Comida!!! Pero cuidadiño imos facer snacks ben saudables, que isto da cuarentena é moi tentador.

Algunha suxerencia de snack para a festa primaveral:

- Flores saudables





   
- Brocheta de froita


- Debuxos frutales. Esta idea ou calquer outra!





Con algunha froita que teñades pola casa, iogures, leite, cereais… imos preparar un rico batido para facer un brindis virtual entre tod@s.

E por suposto, para amenizarnos o día, MÚSICA  para cantar, divertinos e bailar coma tolos!!



Imos aló?? LET’S GO PARTY!!!! FESTA RACHADA J

25/03/20

TRABALLIÑO XOVES 26.3.2020. LENGUA, RELIXIÓN E LECTURA.

1º PRIMARIA: Traballo 26.3.2020
2º PRIMARIA: Traballo 26.3.2020
3º PRIMARIA: Traballo 26.3.2020
4º PRIMARIA: Traballo 26.3.2020
5º PRIMARIA: Traballo 26.3.2020
6º PRIMARIA: Traballo 26.3.2020

Non deixedes de dedicarlle un anaquiño á lectura, por favor, é importante! Ademais, sabedes que? Estes días que non podemos saír da casa, cos libros, podemos achegarnos a miles de lugares e vivir centos de aventuras, a que apetece verdade? 

XOVES 26.3.2020


Ola ola chicos! Un día máis de casiña, como amanecichedes hoxe?
-         Canción motivamente para gañar enerxía, unha da infancia das profes, do Xabarín Club que daquela eran os debuxos que nos entretiñan as tardes J : Estou na lavadora. https://www.youtube.com/watch?v=oinURxFXQB0

-         Un pouco de Ioga para coidar a nosa mente e corpo todos os días: https://www.youtube.com/watch?v=3bjggxDiXyk

-         E unha canción ben fermosa, adicada aos nosos maiores, composta estos días por Melendi:  https://www.youtube.com/watch?v=GARDfG6gj-I&list=RDGARDfG6gj-I&start_radio=1. Escribe as túas sensacións, que che transmite? De que cres que fala?

-         E agora, un conto que a todos nos encanta, edición especial Coronavirus. O monstro de cores. https://www.youtube.com/watch?v=nz5kfjB-Svc




    Que tal van esos retos de comezos de semana? Todos feitos? :) Estadelo a facer xenial! Grazas alumn@s e families! 

Traballiño 25.03.2020 Educación Física e Lingua Galega

Boas chic@s!! Hoxe toca... MOVER O ESQUELETO!! Estades list@s??

1º PRIMARIA:Traballo 25.03.2020
2º PRIMARIA:Traballo 25.03.2020
3º PRIMARIA:Traballo 25.03.2020
4º PRIMARIA:Traballo 25.03.2020
5ºPRIMARIA:Traballo 25.03.2020
6º PRIMARIA:Traballo 25.03.2020

24/03/20

UN DÍA MENOS CAMPEÓNS! 25.3.2020


Bos días chic@s que tal? Como comezades o día? Xa estamos a metade de semana!!   

Hoxe imos comezar o día tod@s cun pouquiño de Ioga, que nos vén moi ben para calmarnos e para estirar os corpiños que están máis parados do normal esta tempada J  Para comprobar que tod@s cumplichedes tedes que enviarnos  unha fotiña nunha posición ben chula e difícil!

Ioga para nen@s, animais mariños: https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY&t=4s

A continuación escoitamos unha das nosas cancións motivamente  para  ter boa enerxía o resto do día, a de onte, que seguro que aínda non a aprendichedes nin un pouquiño. Don’t stop me now! A mover o esqueleto!  https://www.youtube.com/watch?v=HgzGwKwLmgM


Hoxe, ademais propoñémosvos unha actividade emocional.  Sabemos que estos días nos están a servir para darnos conta daquilo máis importante, do Amor polos demais, do compartir momentos e sorrisos…  Veremos e escoitaremos a canción Eu teño alguén no meu corazón e faremos unha pancarta ben bonita (deseño libre,) cun corazón ben grande no que escribamos o nome e debuxemos a aquelas persoas e tamén cousas que temos no noso CORAZÓN e que desexamos abrazar estos días. https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es&t=136s


Por último, a actividade artísitica de boa mañá será  debuxar a cara de dous animais diferentes  partindo da forma dun triángulo. Sede orixinais e facédeo ben completiño.

Feliz Día!!!! :D