31/03/20

METADE DE SÉMANA! MÉRCORES 1 de Abril. Comeza novo Mes!



Bos días chic@s! Que tal? Metade de semana xa! Vamos!!!! Que tal o ides levando? Vanvos gustando os retos para despertar que vos propoñemos? J
Calquera proposta é aceptada!!

Canción mañanera: Unha creación solidaria destes días de confinamento.  
Vanesa Martín. Un canto a la vida.  https://www.youtube.com/watch?v=q6c7ev6GfsA

Vídeo emocional: Cumpleaños vecindario en cuarentena. O mundo que SÍ nos gusta. https://www.instagram.com/p/B-Zv3Dcozcz/
Agora ides a comentar unha das boas accións, da que esteades máis orgullosos destes días de confinamento. Quizais algo que antes non facíades e que agora fixechedes con todo o cariño, que contribúe a formar o mundo que SI  nos gusta.





Proposta creativa do día: Facer un cartel ( decorado) fermoso cunha palabra bonita da lingua galega ou castelá ( tamaño folio, palabra bonita)  É un acto precioso adicarnos palabras lindas uns a  outros nestos días.



Experimento:

TINtA INVISIBLE. Imos facer de magos. Apetécevos?
Necesitamos: pincel ou bastonciño dos oídos, papel branco ( folio), limón e auga.
Modo de emprego:
1.     Exprime un limón un vaso e engade unha cucharada de auga.
2.     Mestura a mezcla, molla o pincel ou o bastonciño nela e escribe unha mensaxe no papel.
3.     Deixa sexar
4.     Coa axuda dun adulto pon calor debaixo ( unha vela) OLLO non moi cerca para non queimar o papel, e poderás ler a túa mensaxe segreda.  

     E para rematar xa que comeza Abril podemos pensar en refráns deste mes :) Intentámolo?? J


TRABALLIÑO 31.03.2020. HOXE ENGLISH E SOCIAIS!


Traballo 1º primaria: 31.3.2020

Traballo 2º primaria: 31.3.2020

Traballo 3º primaria: 31.3.2020

Traballo 4º primaria: 31.3.2020

Traballo 5º primaria: 31.3.2020

Traballo 6º primaria: 31.3.2020

30/03/20

Bo día de Martes!!! :)


Bo día chic@s!!! Qué tal estades?

Gracias por compartir todas as vosas cancións con nós!!! J Aínda segue a faltar algún retiño por aí esquecido.  Gustouvos o vídeo de onte? A primavera segue aí fóra agardando por nós.
Hoxe para comezar a xornada... 

Unha canción de hai uns anos xa, pero que cobra máis valor que nunca en tempos coma este.  Mandadesnos un vídeo interpretando un pedazo? Temos ganas de vervos!

Vídeo para reflexionar e poñelo en práctica: https://www.instagram.com/p/B-Igpljiv9p/.

E  hoxe retomamos un pouquiño de pensamento diverxente. Completa este debuxo. Que podería ser? 



Fagamos que brile o sol nestos días grises! Ánimo!! 

Traballiño 30.03.2020 MATES E MÚSICA :)

Bo día chic@s 😊

Aquí tedes o traballo de hoxe:

1º PRIMARIA:Traballo 30.03.2020
2º PRIMARIA:Traballo 30.03.2020
3º PRIMARIA:Traballo 30.03.2020
4º PRIMARIA:Traballo 30.03.2020
5º PRIMARIA:Traballo 30.03.2020
6º PRIMARIA: Traballo 30.03.2020

NOVA SEMANIÑA!


Bo día campeóns! Como ides? Que tal foi a fin de semana? Hoxe comezamos  nova semana con moita forza!! :) 

Estes días na casiña tod@s sabemos que están a ser algo difíciles… pero sabedes? Seguro que estades a pasar ratos inolvidables e vos estades dando conta de que con tanto tempo en familia, aínda que a veces riñamos un pouco, saen cousas preciosas.

Unha das cousas máis bonitas que se está a ver é a CREATIVIDADE e a HUMANIDADE da xente… Moitas veces nos momentos máis difíciles e de maior reto, sae a mellor versión de nós, aínda que a ves nos custe. Vichedes os centos de vídeos, cancións, chistes, ilustracións etc que están saíndo á luz estos días? Cousiñas preciosas e cheas de Arte!

Por todo isto, hoxe para comeza a xornada ides ver o seguinte vídeo e esta vez, ides ser vós os que enviedes ao grupo aos compis unha canción motivante, que  vos alegre para comezar o día.

Despois  (con marcos decorado  etc…) ides a escribir nun folio as 5 cousas máis positivas que destos días.



Os retos para hoxe son algo arquitectónicos, vexamos a ver que sae.
Intentar lograr facer unha torre o máis alta posible con vasos de plástico , pinzas da roupa, recipientes de yogur, pauiños depresores etc. ( o que se vos ocurra) o máis alta posible…

Algo estilo o da foto.
Five Engineering Challenges with Clothespins, Binder Clips, and ...

A continuación, reto para a semana : facer unha maqueta nunha caixa ( se non é posible un debuxo) do mapa dunha planta da nosa casiña. Estes días nela , temos que aproveitar para coñecer cada recuncho.  Para a maqueta vale cartón, poliespán, caixa de zapatos…  calquera cousiña que teñades a man. Senón un debuxo do plano da casa, de cómo se ve  a planta estará ben. Pero traballado eh! Tempo temos ;)  A por todas!!!!

Bo día!