Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
14/04/20
TRABALLIÑO 14.4.2020. Comezamos novo trimestre!
Voltamos das vacacións con moita forza, seguro que estando na casiña descansachedes un montón e xa botabades de menos ter algo de traballiño non si?
Levamos xa un mes de casiña, separad@s, e cunhas clases moi estrañas, pero xunt@s de corazón e aquí para o que necesitedes.
Aquí vos deixamos un pouco de repaso hoxe para ir poñéndonos ao día, e non vos esquezades dos retos e actividades propostas, houbo moitas que quedaron no tinteiro aínda! :)
1º primaria: 14.4.2020
2º primaria: 14.4.2020
3º primaria: 14.4.2020
4º primaria: 14.4.2020
5º primaria: 14.4.2020
6º primaria: 14.4. 2020
ESTAMOS DE VOLTA, COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE! :)
Bo día peques!!
Xa estamos de
volta! Como foron as vacacións máis especiais da historia?? J
Non sabedes o que vos botamos de
menos… Isto
faise moi raro, pois hoxe comeza un terceiro trimestre moi especial! A volta ao
cole será virtual, a través das pantallas pero non por iso con menos ganas
eh!!! J Voltamos todos con moita enerxía e con ganas
de dar o máximo de nós para que este tempo na casiña sexa do mellor.
Comezamos!
Canción de hoxe, unha festeira
motivante donde as haxa, para novos comezos, para darnos conta de que todos os
días sae o sol por moito que dure a tormenta: Todos los días sale el sol (https://www.youtube.com/watch?v=2Fy8P1MVfsQ). Bailadea como tolos e
disfrutádea moito.
Reto artístico de hoxe: facer un arco da vella ( arco iris) diferente.
Xa pintamos arcoíris, e seguro que vichedes as redes plagadas e centos de versións
de arcos da vella. Pois hoxe ides ser creativos, e para esta volta ao cole,
diseñar a vosa creación de arco iris. Non vale píntalo nun folio como fixemos
ata agora, senón facer un formato diferente ( pintado con tiza fóra, facer a
forma con roupa de cores, empregar tapóns de botellas, facer un mural xigante
con huellas…. ) O que
se vos ocurra, vamos a despertar un pouco o noso cerebriño!
E hoxe un recordatorio,
esquecidechedes o frasco da felicidade? Estades a lembrarvos de escribir algo
para el todos os días? Vamos a coller un novo hábito: ao final de cada día,
escribiremos tres cousas positivas que nos pasara, e así ao final de todo isto,
darémonos conta de que non poder saír á rúa non foi tan malo e sacamos
moitísimo de bo.
E para comezar ben a xornada e non
esquecernos de coidar corpo e mente. Un pouco de Ioga!
Viravos xenial!!! Xa veredes
:) Alá imos!

03/04/20
TRABALLIÑO VENRES 3.1.2020! Xa logramos superar outra semana!!!
Aquí vos deixamos o traballiño para hoxe. Plástica e Ciencias Naturais! Agardamos que o disfrutedes!
Traballo 1º primaria: Venres 3.4.2020
Traballo 2º primaria: Venres 3.4.2020
Traballo 3º primaria: Venres 3.4.2020
Traballo 4º primaria: Venres 3.4.2020
Traballo 5º primaria: Venres 3.4.2020
Traballo 6º primaria: Venres 3.4.2020
02/04/20
VENRES 3.1.2020. Vaia campeóns!!! Outra semana completada.
Bo díaaaaa chic@s!!! Unha semaniña
máis superada!!! Vaia superhéroes estamos feitos!!!J
RESISTIREMOS tod@s, e as ganas de aprender, vernos e querernos serán
aínda máis grandes! E sabedes?? Xa casi estamos de “vacacións”!!! Imos ter
unhas vacacións que van ser históricas. Temos tod@s a oportunidade de crear
desde as nosas casas unhas vacacións de ensoño. Incluso podemos viaxar moi
lonxe e descubrir moitísimos lugares a través de Google Street View , mola
verdade??? Miradee!!
Un
exemplo, en Canadá, as Niagara Falls donde estivo a teacher:
Pero podedes buscar os LUGARES que
vos apeteza! Animádevos.
E veña é venres!!! Comezamos o día
con música para motivarnos: https://www.youtube.com/watch?v=hl3B4Ql8RtQ
Onte conmemoráronse dous días moi
importantes, e como tal non nos queremos esquecer deles.
O 2 de abril celébrase o DÍA DE
CONCIENCIACIÓN do Autismo e por iso nos gustaría que virades este corto tan
bonito, que nos axuda a entender un pouco máis como se sinten.
Vídeo:
Hoxe ímonos a poñer as gafas azuis
para comprender un pouco máis como ven o mundo estas persoas e darlles todo o
noso apoio.
RETO para hoxe: Facer unha foto
artística con obxectos azuis. Na foto o azul ten que ser o predominante.
Recordade que todos temos poderes
EXTRAORDINARIOS, e TOD@S SOMOS ÚNIC@S E ESPECIAIS.
Canción Maldita Nerea:
Extraordinario.
Onte, ademais, día 2 de ABRIL foi
o DÍA DA LITERATURA INFANTIL. Ides facer
o debuxo da portada do voso libro favorito. Esmerádevos!
A continuación, ademais dos que
vos dixemos onte, deixámosvos links para
posibles lecturas. ESTÁN MOI CHULOS, NON
DEIXEDES DE MIRALOS! J Veñen aí as vacacións e que mellor que
sumerxirnos nos libros para viaxar ben lonxe.
En CASTELÁN: https://www.cuentosenlanube.com/
E para a
Semana Santa: Xa que temos tempiño, que mellor que disfrutar cuns cantos
“deberes” moi pracenteiros. Algúns igual xa fixechedes algún pero outros seguro
que quedaron no tinteiro, por falta de tempo, que mellor que agora!!!! Eso si,
esquecede os que nos mandar saír de paseo eh??
Lembrade o importante que é quedar na casa, para que isto remate canto
antes e poidamos volver a encontrarnos tod@s! :D
BOAS VACACIÓNS! Mantémonos en contacto, a ver se nos podemos ver, e mandámosvos todo o noso cariño e o máis grande dos abrazos virtuais!!! Botamósvos moito de menos! We love you!!!!
Seguimos en contacto estos días para máis cousiñas :) Sede felices e recordade QUEDAMOS NA CASA! #TODOVAISAIBEN.
TRABALLIÑO XOVES 2 ABRIL 2020. LENGUA, LECTURA Y RELIGIÓN.
Bo día chicos! Aquí vos deixamos o traballiño de hoxe para Lengua. Moito ánimo e concentración! Que teñades moi bo día.
Traballo 1º primaria: xoves 2.4.2020
Traballo 2º primaria: xoves 2.4.2020
Traballo 3º primaria: xoves 2.4.2020
Traballo 4º primaria: xoves 2.4.2020
Traballo 5º primaria: xoves 2.4.2020
Traballo 6º primaria: xoves 2.4.2020
Relixión:
1º,2º,3º: http://cativos-consuelo.blogspot.com/2020/03/traballamos-na-casa-1-e-2e-3.html?m=1
4º,5º,6º: http://cativos-consuelo.blogspot.com/2020/03/traballamos-na-casa-4-5-e-6.html?m=1
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



