Bo día chic@s! Aquí vai o traballiño de hoxe :)
1º PRIMARIA:Traballo 15.04.20
2ºPRIMARIA:Traballo 15.04.20
3ºPRIMARIA:Traballo 15.04.20
4ºPRIMARIA:Traballo 15.04.20
5ºPRIMARIA:Traballo 15.04.20
6ºPRIMARIA:Traballo 15.04.20
Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
15/04/20
14/04/20
Un mes campeóns! 15 abril 2020
Bo día pequen@s!!!! Imos collendo o ritmo?
Sabedes? Cumplimos un mes de confinamento!! O 15 de marzo as
noticias do bichiño que andaba solto facíannos separanos pero sabedes que
tamén? Estades feitos uns campeóns! Estadelo a facer xenial e aínda que
separados físicamente intentamos seguir unid@s da mellor maneira posible.
RESISTIREMOS!
Hoxe imos comezar sendo
grandes cantantes! Temos que facernos un
minivideo cantando a canción de hoxe e co micrófono máis orixinal que poidades
imaxinar e crear con cousiñas da casa.
Canción para hoxe: Que demostra unha vez máis que ante esta
situación somos todos iguais, e que non hai barreiras nin murallas que
existan. Bajo el mismo sol: https://www.youtube.com/watch?v=aNHwNreDp3A
Pronto poderemos disfrutar do sol xuntos xa veredes! J
Vídeo para reflexionar: https://www.facebook.com/130957770985906/posts/709910216423989/
Como creación de hoxe, aqueles que lles apeteza imos facer PLASTILINA!!! Seguro que algún a
bota de menos e non a ten pola casa e sempre mola un montón facer cousiñas con
ela.
https://www.youtube.com/watch?v=BX1nxXP81LE ( sen colorante tamén vale, se non o tedes
disponible)
E para estiranos e manternos en forma, un pouquiño de Ioga.
Podense animar mamis e papis tamén se lles apetece!!! J https://www.youtube.com/watch?v=3bjggxDiXyk&t=457s
Recordade sacar cada día o mellor de vós, e escribir as
cousiñas positivas do día!
TRABALLIÑO 14.4.2020. Comezamos novo trimestre!
Voltamos das vacacións con moita forza, seguro que estando na casiña descansachedes un montón e xa botabades de menos ter algo de traballiño non si?
Levamos xa un mes de casiña, separad@s, e cunhas clases moi estrañas, pero xunt@s de corazón e aquí para o que necesitedes.
Aquí vos deixamos un pouco de repaso hoxe para ir poñéndonos ao día, e non vos esquezades dos retos e actividades propostas, houbo moitas que quedaron no tinteiro aínda! :)
1º primaria: 14.4.2020
2º primaria: 14.4.2020
3º primaria: 14.4.2020
4º primaria: 14.4.2020
5º primaria: 14.4.2020
6º primaria: 14.4. 2020
ESTAMOS DE VOLTA, COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE! :)
Bo día peques!!
Xa estamos de
volta! Como foron as vacacións máis especiais da historia?? J
Non sabedes o que vos botamos de
menos… Isto
faise moi raro, pois hoxe comeza un terceiro trimestre moi especial! A volta ao
cole será virtual, a través das pantallas pero non por iso con menos ganas
eh!!! J Voltamos todos con moita enerxía e con ganas
de dar o máximo de nós para que este tempo na casiña sexa do mellor.
Comezamos!
Canción de hoxe, unha festeira
motivante donde as haxa, para novos comezos, para darnos conta de que todos os
días sae o sol por moito que dure a tormenta: Todos los días sale el sol (https://www.youtube.com/watch?v=2Fy8P1MVfsQ). Bailadea como tolos e
disfrutádea moito.
Reto artístico de hoxe: facer un arco da vella ( arco iris) diferente.
Xa pintamos arcoíris, e seguro que vichedes as redes plagadas e centos de versións
de arcos da vella. Pois hoxe ides ser creativos, e para esta volta ao cole,
diseñar a vosa creación de arco iris. Non vale píntalo nun folio como fixemos
ata agora, senón facer un formato diferente ( pintado con tiza fóra, facer a
forma con roupa de cores, empregar tapóns de botellas, facer un mural xigante
con huellas…. ) O que
se vos ocurra, vamos a despertar un pouco o noso cerebriño!
E hoxe un recordatorio,
esquecidechedes o frasco da felicidade? Estades a lembrarvos de escribir algo
para el todos os días? Vamos a coller un novo hábito: ao final de cada día,
escribiremos tres cousas positivas que nos pasara, e así ao final de todo isto,
darémonos conta de que non poder saír á rúa non foi tan malo e sacamos
moitísimo de bo.
E para comezar ben a xornada e non
esquecernos de coidar corpo e mente. Un pouco de Ioga!
Viravos xenial!!! Xa veredes
:) Alá imos!

03/04/20
TRABALLIÑO VENRES 3.1.2020! Xa logramos superar outra semana!!!
Aquí vos deixamos o traballiño para hoxe. Plástica e Ciencias Naturais! Agardamos que o disfrutedes!
Traballo 1º primaria: Venres 3.4.2020
Traballo 2º primaria: Venres 3.4.2020
Traballo 3º primaria: Venres 3.4.2020
Traballo 4º primaria: Venres 3.4.2020
Traballo 5º primaria: Venres 3.4.2020
Traballo 6º primaria: Venres 3.4.2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)