21/04/20

MÉRCORES 22 ABRIL 2020, DÍA DA TERRA



Mércores 22 de abril: DÍA DA TERRA.

Vamos a comezar o día de boa mañá descubrindo todas as cores que hai no vento, no noso planeta e na súa natureza: Colores en el viento: https://www.youtube.com/watch?v=dU44DdztBQU

Tamén escoitaremos esta canción para motivarnos e valorar unha vez máis o poder que temos como sociedade no coidado no noso lugar. Moving de Macaco
Reflexionemos: O mundo está parado, a Terra respira: https://www.youtube.com/watch?v=ypoQDEmEdwE

E hoxe, como non, un reto da man do noso amigo Capitán Planeta. Tócanos Revivir o lixo. Darémoslle nova vida a materiais de refugallo. Hai moitos artistas famosos que empregan o lixo para crear algo novo ( podedes buscar sobre elas : Marta Sanmamed , Natsumi Tomita), e fan creación ben bonitas.  Hoxe é o voso turno: con envases, caixas baleiras, envases, cintas… imos unir residuos para crear algo novo. Apétecevos ser escultores?






Algunhas ides, sede creativos e facede o que se vos ocurra! :) 


Por último, activemos o noso corpiño coa canción Madre Tierra de Chayanne! Poñede todos os músculos a tono porque Paula tráenos unha sorpresiña para a clase de Ed.física con esta canción!
Disfrutade do día!!!! J


20/04/20

TRABALLIÑO MARTES 21 ABRIL 2020. LET'S WORK. ENGLISH & CIENCIAS SOCIAIS.



1º primaria: 21.4.2020
2º primaria: 21.4.2020
3º primaria: 21.4.2020
4º primaria: 21.4.2020
5º primaria: 21.4.2020
6º primaria: 21.4.2020

Recordade que seguimos compartindo no whatsapp os videos fotiños reflexións etc das entradas de Benvida, pois así animamónos os días uns a outros e non nos botamos tanto de menos, serven como un empuxón de alegría diario e que o traballiño, agora o podedes compartir coas profes persoalmente nos diferentes correos :) 

Grazas e moito ánimo!You can do great!

MARTES 21 abril 2020. Comezamos con motivación



Bo día de Martes!

Que día tan fermoso de sol tivemos onte!! Aproveitáchedelo ben? J
Fixéchedes algo diferente?

Vamos escoitar detidamente e fíxándonos na letra, a nova canción de Rozalén, Aves enjauladas.  É preciosa verdade? https://www.youtube.com/watch?v=2A7zM7zstVI

En relación a esta nova canción, o reto artístico do día será debuxar e pintar gaiola ( xaula),  ben decorada e como vós a interpretedes. A “xaula” na que estamos “presos” estos días, como da que fala Rozalén na súa canción. Será unha xaula fermosa, sentimental da que poden saír moitas emocións e cousas fermosas que toda a humanidade temos dentro.

- Curta emocional para hoxe: Color your world with kidness. https://www.youtube.com/watch?v=rwelE8yyY0U A amabilidade e as boas accións fan deste mundo un lugar máis colorido, un lugar mellor. Tod@s podemos achegar o noso gran de area.

- Experimento artísitico para hoxe: DEBUXOS MÁXICOS. Papel de cociña, rotuladores e auga. https://www.youtube.com/watch?v=g7km1n0xYTY

- Yoga para empezar o día con moi boa enerxía J https://www.youtube.com/watch?v=CBko9JPMtHs

A por todas!!! Feliz día.

TRABALLIÑO para comezar esta nova semana! Mates e Música para o LUNS.



Hoxe dúas destrezas moi variadas, xa veredes como vos gusta :) 

1º primaria: 20 abril 2020

2º primaria: 20 abril 2020

3º primaria: 20 abril 2020

4º primaria:20 abril 2020

5º primaria:20 abril 2020

6º primaria: 20 abril 2020

20 de abril de 2020! New Week!!




Booos días chic@s!!! Qué tal??? Cómo foi o fin de semana??

Comeza unha nova semana xa!! Qué ben!!!! J Prepararados para cumplir moitos retos e seguir sendo uns Super Aprendices?! LET’S GO!
Hoxe é 20 de abril, así que non podíamos empezar doutra maneira que non fose coa famosa canción que leva este nome, eso sí, versión adaptada para esta época de confinamento. Seguro que a mayoría de papis e mamis lles soa! J https://www.youtube.com/watch?v=CDKGCDOzzBQ

O reto artístico de hoxe, e facer un deseño con  dúas partes.  20 de abril de 1990 e 20 de abril de 2020, como vos imaxinades os dous momentos? Podedes tamén engadir algunha frase de que credes que había/pasaba….

A continuación, un vídeo para reflexionar. Moitos animais viven enxaulados ao longo das súas vidas, pero… esta temporada o mundo cambiou que está a pasar? Que credes que cambiou e por que credes que pasa isto? https://www.youtube.com/watch?v=_-1xatLEvM4


Funciona a plastilina que creachedes a semana pasada? Como creación de hoxe podedes facer un animal ben chulo, engadindolle cousiñas, para compartir con tod@s :) 

Coma sempre, un pouquiño de Ioga para activar o corpo para comezar ben o día, https://www.youtube.com/watch?v=XCYrpItuDjo, e non esquezades a RUTINA EMOCIONAL.  Hoxe ademais de escribir as 3 cousiñas que vos fixeron felices ao final do día, podemos escribir tamén un novo obxectivo para este día soleado, algo novo que nos gustaría facer. 



Que teñades un día xenial peques! Ánimo. Un abrazo xigante!