22/04/20

DÍA DO LIBRO NA CASIÑA! 23 de abril de 2020



Xoves 23 de abril: Hoxe é o día do libro!!!! J

Imos comezar o día cunha frase preciosa dunha película para os máis maiores, pero que é fermosa e amosa o poder da Educación e a figura dos Mestres de corazón. Para os papis/ mamis que non a viran, unha boa opción: A lingua das bolboretas, que ten como orixe o libro do autor galego Manuel Rivas.





Para comezar o día ides a debuxar un libro aberto ou facelo cun cartón e dentro, con letras ben fermosas responder á seguinte frase: Que é un libro para min?

A continuación imos ver estes dous vídeos fermosos en familia. Un creo que xa vos soa o outro, unha creación fermosa paraos máis maiores.  Mirade todo o que a xente crea cos libros!!! Chuladas J






A continuación, a FOTO ARTÍSTICA do día será LENDO. Podedes mandar unha foto lendo en calquera lugar que vos apeteza, compartindo lecturas, fotos bonitas, orixinais, artísticas…. 
Un contacontos e dous vídeos motivacionais para comezar a xornada emocionándonos:

-      Video cuento : Te quiero casi siempre https://www.youtube.com/watch?v=DbZTHxyheXM

-      El niño comelibros: https://www.youtube.com/watch?v=f7ZFCSCtfuk



Os máis maiores: faredes tamén unha frase de motivación á lectura ao máis puro estilo “mr. Wonderful” empregando lettering (letras fermosas e decoradas). A frase motivacional pódese buscar (se a dades inventado mellor que mellor).

Ademais hoxe facémosvos unhas recomendacións de películas para ver en familia, se vos apetece, a fin de semana, nas que se demostra, unha vez máis, a importancia da lectura e as excelentes achegas que nos fan os libros:

-Matilda (algún nen@ xa a viu no cole).
-La historia interminable
- El valiente Despereraux
-El guardián de las palabras

Sabedes que o día do libro e o día de San Jordi, San Jorge, St. George’s e o seu símbolo é a rosa. Rosa que compartimos e agasallamos con lecturas neste 23 de abril.  Aos que lles apeteza agasallades rosas vermellas? Aquí algunha idea de cómo facelas J


Se vos apetece por suposto combinámolo con Ioga para mover os nosos esqueletos de boa mañá e comezar moi relaxados! J

Boas lecturas! E feliz día do Libro campións! Miss you!!

21/04/20

TRABALLO 22.ABRIL.2020. LINGUA GALEGA E ED. FÍSICA.


1º PRIMARIA: 22.4.2020
2º PRIMARIA: 22.4.2020
3º PRIMARIA: 22.4.2020
4º PRIMARIA: 22.4.2020
5º PRIMARIA: 22.4.2020
6º PRIMARIA: 22.4.2020

Bo día! Calquera cousiña tedes os nosos mails de contacto.

MÉRCORES 22 ABRIL 2020, DÍA DA TERRA



Mércores 22 de abril: DÍA DA TERRA.

Vamos a comezar o día de boa mañá descubrindo todas as cores que hai no vento, no noso planeta e na súa natureza: Colores en el viento: https://www.youtube.com/watch?v=dU44DdztBQU

Tamén escoitaremos esta canción para motivarnos e valorar unha vez máis o poder que temos como sociedade no coidado no noso lugar. Moving de Macaco
Reflexionemos: O mundo está parado, a Terra respira: https://www.youtube.com/watch?v=ypoQDEmEdwE

E hoxe, como non, un reto da man do noso amigo Capitán Planeta. Tócanos Revivir o lixo. Darémoslle nova vida a materiais de refugallo. Hai moitos artistas famosos que empregan o lixo para crear algo novo ( podedes buscar sobre elas : Marta Sanmamed , Natsumi Tomita), e fan creación ben bonitas.  Hoxe é o voso turno: con envases, caixas baleiras, envases, cintas… imos unir residuos para crear algo novo. Apétecevos ser escultores?






Algunhas ides, sede creativos e facede o que se vos ocurra! :) 


Por último, activemos o noso corpiño coa canción Madre Tierra de Chayanne! Poñede todos os músculos a tono porque Paula tráenos unha sorpresiña para a clase de Ed.física con esta canción!
Disfrutade do día!!!! J


20/04/20

TRABALLIÑO MARTES 21 ABRIL 2020. LET'S WORK. ENGLISH & CIENCIAS SOCIAIS.



1º primaria: 21.4.2020
2º primaria: 21.4.2020
3º primaria: 21.4.2020
4º primaria: 21.4.2020
5º primaria: 21.4.2020
6º primaria: 21.4.2020

Recordade que seguimos compartindo no whatsapp os videos fotiños reflexións etc das entradas de Benvida, pois así animamónos os días uns a outros e non nos botamos tanto de menos, serven como un empuxón de alegría diario e que o traballiño, agora o podedes compartir coas profes persoalmente nos diferentes correos :) 

Grazas e moito ánimo!You can do great!

MARTES 21 abril 2020. Comezamos con motivación



Bo día de Martes!

Que día tan fermoso de sol tivemos onte!! Aproveitáchedelo ben? J
Fixéchedes algo diferente?

Vamos escoitar detidamente e fíxándonos na letra, a nova canción de Rozalén, Aves enjauladas.  É preciosa verdade? https://www.youtube.com/watch?v=2A7zM7zstVI

En relación a esta nova canción, o reto artístico do día será debuxar e pintar gaiola ( xaula),  ben decorada e como vós a interpretedes. A “xaula” na que estamos “presos” estos días, como da que fala Rozalén na súa canción. Será unha xaula fermosa, sentimental da que poden saír moitas emocións e cousas fermosas que toda a humanidade temos dentro.

- Curta emocional para hoxe: Color your world with kidness. https://www.youtube.com/watch?v=rwelE8yyY0U A amabilidade e as boas accións fan deste mundo un lugar máis colorido, un lugar mellor. Tod@s podemos achegar o noso gran de area.

- Experimento artísitico para hoxe: DEBUXOS MÁXICOS. Papel de cociña, rotuladores e auga. https://www.youtube.com/watch?v=g7km1n0xYTY

- Yoga para empezar o día con moi boa enerxía J https://www.youtube.com/watch?v=CBko9JPMtHs

A por todas!!! Feliz día.