Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
22/04/20
TRABALLIÑO 23.4.2020 LENGUA E RELIXIÓN
1º PRIMARIA: 23.4.2020
2º PRIMARIA: 23.4.2020
3º PRIMARIA: 23.4.2020
4º PRIMARIA: 23.4.2020
5º PRIMARIA: 23.4.2020
6º PRIMARIA: 23.4.2020
Aquí vos deixamos o traballiño de hoxe, para relixión sabedes que podedes acceder ao blogue da profe Consuelo. http://cativos-consuelo.blogspot.com/
Fíxadevos, e desfrutade do día e do traballo! FELIZ DÍA DO LIBRO!!! :)
DÍA DO LIBRO NA CASIÑA! 23 de abril de 2020
Xoves 23 de abril: Hoxe é o día do libro!!!! J
Imos comezar o día cunha frase preciosa dunha película para os
máis maiores, pero que é fermosa e amosa o poder da Educación e a figura dos
Mestres de corazón. Para os papis/ mamis que non a viran, unha boa opción: A
lingua das bolboretas, que ten como orixe o libro do autor galego Manuel Rivas.
Para comezar o día ides a debuxar un libro aberto ou facelo cun
cartón e dentro, con letras ben fermosas responder á seguinte frase: Que é un
libro para min?
A continuación imos ver estes dous vídeos fermosos en familia.
Un creo que xa vos soa o outro, unha creación fermosa paraos máis maiores. Mirade todo o que a xente crea cos libros!!!
Chuladas J
A continuación, a FOTO ARTÍSTICA do día será LENDO. Podedes
mandar unha foto lendo en calquera lugar que vos apeteza, compartindo lecturas,
fotos bonitas, orixinais, artísticas….
Un contacontos e dous vídeos motivacionais para comezar a
xornada emocionándonos:
Os máis maiores: faredes tamén unha frase de motivación á
lectura ao máis puro estilo “mr. Wonderful” empregando lettering (letras
fermosas e decoradas). A frase motivacional pódese buscar (se a dades inventado
mellor que mellor).
Ademais hoxe facémosvos unhas recomendacións de películas para
ver en familia, se vos apetece, a fin de semana, nas que se demostra, unha vez máis, a
importancia da lectura e as excelentes achegas que nos fan os libros:
-Matilda (algún nen@ xa a viu no cole).
-La historia interminable
- El valiente Despereraux
-El guardián de las palabras
Sabedes que o día do libro e o día de San Jordi, San Jorge, St.
George’s e o seu símbolo é a rosa. Rosa que compartimos e agasallamos con
lecturas neste 23 de abril. Aos que lles
apeteza agasallades rosas vermellas? Aquí algunha idea de cómo facelas J
Se vos apetece por suposto combinámolo con Ioga para mover os
nosos esqueletos de boa mañá e comezar moi relaxados! J
Boas lecturas! E feliz día do Libro campións! Miss you!!
21/04/20
MÉRCORES 22 ABRIL 2020, DÍA DA TERRA
Mércores 22 de abril: DÍA DA
TERRA.
Vamos a comezar o día de boa mañá
descubrindo todas as cores que hai no vento, no noso planeta e na súa natureza:
Colores en el viento: https://www.youtube.com/watch?v=dU44DdztBQU
Tamén escoitaremos esta canción
para motivarnos e valorar unha vez máis o poder que temos como sociedade no
coidado no noso lugar. Moving de Macaco
Reflexionemos: O mundo está
parado, a Terra respira: https://www.youtube.com/watch?v=ypoQDEmEdwE
E hoxe, como non, un reto da man
do noso amigo Capitán Planeta. Tócanos Revivir o lixo. Darémoslle nova vida a
materiais de refugallo. Hai moitos artistas famosos que empregan o lixo para
crear algo novo ( podedes buscar sobre elas : Marta Sanmamed , Natsumi Tomita),
e fan creación ben bonitas. Hoxe é o
voso turno: con envases, caixas baleiras, envases, cintas… imos unir
residuos para crear algo novo. Apétecevos ser escultores?
Algunhas ides, sede creativos e facede o que se vos ocurra! :)
Por último, activemos o noso
corpiño coa canción Madre Tierra de Chayanne! Poñede todos os músculos a tono
porque Paula tráenos unha sorpresiña para a clase de Ed.física con esta
canción!
Disfrutade do día!!!! J
20/04/20
TRABALLIÑO MARTES 21 ABRIL 2020. LET'S WORK. ENGLISH & CIENCIAS SOCIAIS.
1º primaria: 21.4.2020
2º primaria: 21.4.2020
3º primaria: 21.4.2020
4º primaria: 21.4.2020
5º primaria: 21.4.2020
6º primaria: 21.4.2020
Recordade que seguimos compartindo no whatsapp os videos fotiños reflexións etc das entradas de Benvida, pois así animamónos os días uns a outros e non nos botamos tanto de menos, serven como un empuxón de alegría diario e que o traballiño, agora o podedes compartir coas profes persoalmente nos diferentes correos :)
Grazas e moito ánimo!You can do great!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





