28/04/20

29.4.2020


Bo día chicos! Que tal ides? Disfrutando os paseíños por fóra? Estades a vivir novas aventuras?
Hoxe para comezar a xornada imos escoitar unha canción que naceu durante este confinamento, seguro que moitos de vós xa a escoitachedes, é moi bonita xa veredes, para comezar a mañá con ritmo.

Vídeo emocional para hoxe: https://www.youtube.com/watch?v=OEbISlnby9Y
Un pouco de estiramentos: Mens sana in corpore sano: Ioga: https://www.youtube.com/watch?v=3bjggxDiXyk

Hoxe só vos propoñemos uns pequenos retos matemáticos. Imaxinamos que aínda seguides cavilando que facer coas caixas ;) haha Dádelle á imaxinación! Temos ganas de ver creación super chulas!






Se tedes oportunidade tamén nos gustaría que recolectarades flores fermosas para alegrarvos e alegrarnos o día ao final da xornada! Aproveitade os paseíños!  Tede moi moi bo día! Un abrazo xigante!




27/04/20

TRABALLO 28.4.2020 .ENGLISH & SOCIAL SCIENCE .


Bo día chic@s! Unha vez activados e traballado un pouco o noso lado máis creativo e emocional , imos darlle actividade tamén á nosa parte do cerebro máis racional e seguir aumentando coñecement. Aquí vos deixamos o traballiño de hoxe.

1º primaria: 28.4.2020
2º primaria: 28.4.2020
3º primaria: 28.4.2020
4º primaria: 28.4.2020
5º primaria: 28.4.2020
6º primaria: 28.4.2020

Calquera dúbida non deixedes de escribirnos aos correos das profes vale?

Bo día!!! Que teñades un día cheo de cores e aproveitade para saír a fóra e disfrutar da natureza aínda que chova, sodes moi afortunados! :)

MARTES 27.4.2020. WELCOME.



Bo día chic@s!!!! Que tal estades? 

Aproveitades ben e cumprindo as normas o tempiño de exterior? Queredes compartir con nós as vosas experiencias? J

Hoxe é o día da EDUCAIÓN FÍSICA na rúa / na casa este ano! Así que movámonos!

Un pouquiño de baile cunha canción que vos motive  Can't stop the feeling https://www.youtube.com/watch?v=Ojblhvzvjsk, e a continuación estiramentos con Ioga. https://www.youtube.com/watch?v=ItRxM3z3E4w

A continuación música para activar as nosas neuronas e corpo:  https://www.youtube.com/watch?v=CY8E6N5Nzec


Hoxe propoñémosvos dous retos:
-      Un reto de psicomotricidade: Cunha tixola (sartén) e un rollo de papel hixiénico, lograr darle a volta dentro da tixola e que quede dereito ; como se fosemos Mestres das tortillas, e fosemos xogar ao tenis.

-      Un reto artístico para fomentar a imaxinación: Darlle vida a unha caixa. Temos que lograr inventar unha historia, un obxecto, un lugar, un xoguete…. Partindo de algo simple como unha caixa de cartón. Unicamente deixar voar a nosa imaxinación

Moita forza superhéroes! Bo día!


Traballiño 27.04.2020 Mates e música

Bo día chic@s! Aquí están as tarefas de hoxe:

1* PRIMARIA: Traballo
2* PRIMARIA: Traballo
3*PRIMARIA: Traballo
4* PRIMARIA: Traballo
5* PRIMARIA:Traballo
6* PRIMARIA: Traballo

26/04/20

NOVA SEMANIÑA, LUNS 27 de abril.



Bo día peques!!!! Novo luns!  Xa superamos a 6ª semana de confinamento, que se di pronto!Que tal foi a fin de semana??  Saichedes a pasear?!!! J

Hoxe comezamos a semana poñéndo o corpo en movemento, despertemos J

Un pouquiño de baile, e a continuación estiramentos con Ioga. https://www.youtube.com/watch?v=ItRxM3z3E4w

A continuación realizaremos un debuxo de Think outside the box.
Non é unha nube


A canción para hoxe é a seguinte: https://www.youtube.com/watch?v=dvgZkm1xWPE


Como ides cos retos que tiñamos pendentes? J Espero que moi ben!!!! Poñémonos ao día con todos! E por se alguén xa os ten tod@s feitos:

Reto do día: Inventar un “ instrumento musical” con algún obxecto da casa. Pode existir xa, e tan só lograr facer “música” con el, ou inventar unha nova creación. Afinade os oídos ;)  

Vamos a escribir nun papeliño tamén o noso obxectivo para a semana, algo que queiramos aprender de novo, e mirar ao final dela se o cumplimos vale? Non vos esquezades tampouco do noso frasco da felicidade! Que importante é nestos días recordar o bonito que nos acontece!

Moito ánimo campeóns. Unha nova semaniña de cole especial comeza. Imos a por ela!!! Un besiño enorme!