Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
25/05/20
Traballiño de luns. Mates e Música.
1º primaria: 25.5.2020
2º primaria: 25.5.2020
3º primaria: 25..5.2020
4º primaria: 25.5.2020
5º primaria: 25.5.2020
6º primaria: 25.5.2020
Luns de sol! :)
Bo día pequen@s!! Parece que comeza outra semana marabillosa, que gustazo de tempo para disfrutar!! Que tal estades? Como vai todo?
Hoxe para comezar o día, unha canción ben fermosa, para agradecer a todas aquelas amizades e persoas que queremos e que temos a sorte de ter na nosa vida!
Que Bonito es querer: https://www.youtube.com/watch?v=jqDEKHwpOJ0. O vídeo é precioso, xa veredes que amizade tan bonita!
A continuación un vídeo para reflexionar: Palabras en el aire: https://www.youtube.com/watch?v=D80L_MrgsUE
E xa que dan moita calor para esta semana.... Propoñémosvos un reto artístico para aquel que lle apeteza :
Facer cubiños de xeo decorados. Colleremos flores, folliñas, anacos de froita , algo válido para meter na auga. A continuación metémolo en recipientes nos que poidamos meter auga e ao conxelador.... Xa veredes que creacións tan coloridas e primaverais para refrescarnos estos días!
Un abrazo xigantesco chic@s!!! Feliz semana! A por todas :)
21/05/20
Chegou voando o Venres.
Bo día de vernes peques!! Que tal? Parece íncreible que outra
semana máis xa terminar, que días tan fermosos nos regalan últimamente, que
ben!!!
Comezamos con música para emocionarnos: Imagina https://www.youtube.com/watch?v=VGBQSc1NOtM.
Porque coa imaxinación podemos chegar moi lonxe!
E continuamos cunhas cantas actividades artísticas para este
día de PLÁSTICA:
·
Se temos algunha pintura ou témpera e fío podedes
experimentar: https://www.youtube.com/watch?v=b9Yc50__OnU
·
Outra proposta plástica por se vos gusta máis https://www.youtube.com/watch?v=QQxYOqUkalM
·
E tamén podemos crear coas nosas propias mans!
Mirade que maneira tan chula de facer animais! Podedes probar con algún: https://www.youtube.com/watch?v=0JI8gv22e3A
*Se non tedes pinturas, non vos preocupedes. O dos animais coas mans podedes facelo ben con rotus.
Por último, se vos apetece deixámosvos unha proposta moi
divertida xa veredes! Igual xa a coñecedes! Queredes meter auténticas fieras
nas vosas casas?
Con esta opción que nos ofrece Google podemos estar ao carón de
animais salvaxes en 3D haha! Non están
todos os animais disponibles pero hai moitos que si.
Achegámosvos un tutorial para saber como se usa: https://www.youtube.com/watch?v=8hCNvaTI7JU
Se vos apetece podedes compartir as fotiños con nós e que vos
fotografíen ao seu carón para botarnos unhas risas!
20/05/20
LENGUA Y RELIGIÓN para hoy!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
