02/06/20

Green Love para este Mércores.


Bo día pequenos!!! Que tal ides?

Esta semana atópamonos inmersos na Semana do Medio Ambiente…  E Capitán Planeta traenos unhas cantas misións!!! J

Hoxe é o DÍA DA BICICLETA!!! Sabedes cantos beneficios ten empregala?? J


Comezaremos o día escoitando esta canción que garda relación coa nosa Madre Terra: https://www.youtube.com/watch?v=thueBRlcaxE&list=RDthueBRlcaxE&start_radio=1

Veremos este pequeno vídeo do impacto dos plásticos do océano: https://www.youtube.com/watch?v=JOi8Tq1mKm4

O reto de hoxe será compartir unha foto en bicicleta! Orixinal: Vos sós, en familia, de paseo natural , de camino á compra… Como queirades! Encántaranos ver aos nosos ecoheroes en acción! J
Ademais como reto desta SEMANA DO MEDIOAMBIENTE Capitán Planeta propónnos CREAR UN FERMOSO E ORIXINAL CORAZÓN VERDE! Porque queremos un mellor futuro para o noso Planeta  e queremos achegar o noso pequeno grao de area ao seu Coidado! J 

Podemos pintar o corazón, facelo coas nosas huellas, con materiais de refugallo, con pedriñas, con area, con teas, con elementos naturais…. O importante é a cor verde da natureza!

Nestes tempos que corren enchamos o mundo co noso Love! E sobre todo enchámonos nós mesmos dese Green Love.  Bo día superhéroes!

Cuadro en Lienzo Árbol Corazón Verde • Pixers® - Vivimos para cambiar

01/06/20

ENGLISH e CIENCIAS SOCIAS para hoxe.


1º primaria:2 xuño 2020
2º primaria:2 xuño 2020
3º primaria:2 xuño 2020
4º primaria:2 xuño 2020
5º primaria:2 xuño 2020
6º primaria:2 xuño 2020


Tede un bo día!! Be happy. Ánimo xxx

Martes de Xuño...


Bos días peques!!!! Estamos encantadas coas chuladas que mandades!!! Que artistas e que de esforzo se ve! Moitísimas gracias! Así dá gusto!

Parece mentira que xa estemos en Xuño…. Na recta final deste curso tan especial…

Para hoxe unha canción que seguro que vos soa moito, é moi bonita e ten un ritmo moi lindo: Si tú la quieres : https://www.youtube.com/watch?v=ju8W_SX_wy4


Un corto ben bonitiño sobre o valor de permanecer xuntos, axudarnos e traballar en equipo:

E o reto de hoxe moi sinxeliño tamén para traballar co noso nome:

Facer un ACRÓSTICO: é dicir unha composición escrita na que a letra de cada palabra lida en vertical forme o voso nome. As palabras que elixades poden dicir algo de vós, da vosa personalidade, gustos…  Se queredes ser creativos as letras iniciais podedes facelas dalgunha maneira creativa non escrita ( con letras de pegatina se tedes, letras magnéticas… debuxadas.. ) 

Aquí un exemplo: Non fai falla a explicación se non dades :) 






Feliz día chic@s!!!!

31/05/20

Traballo Luns 1 xuño 2020


Matemáticas e Música para hoxe peques!

1º primaria: 1 xuño 2020
2º primaria: 1 xuño 2020
3º primaria: 1 xuño 2020
4º primaria: 1 xuño 2020
5º primaria: 1 xuño 2020
6º primaria: 1 xuño 2020

Bo día!!! Moito ánimo. 

Comezamos cun novo luns e comeza Xuño!!! :)


Bo día de luns peques! Que tal foi a fin de semana??? J

Comezamos o día de maneira relaxada, escoitade e sentide a letra desta canción: https://www.youtube.com/watch?v=XGn6DOIJT1Y

A continuación un pouco de Ioga matutino para estirar os nosos corpiños: https://www.youtube.com/watch?v=sdKuUrp9smM

E para o día de hoxe un Reto de superdetectives: Escribir con tinta invisible con limón e calor dunha vela. https://www.youtube.com/watch?v=vv8qtr4esoA

Ademais outro reto para os maiores será buscar unha palabra curiosa, que teña un significado moi profundo ou especial: Aquí vos deixamos uns exemplos que ás profes lles encanta: A ver se polas redes atopades algunha outra moi chula! :)