08/06/20

Novidades para esta recta final.


Este curso 2019 2020 vai chegando ao seu fin... e como non deixou de sorprendernos... tamén nos trae sorpresiñas no traballo para estes últimos días. Non sei a vós, pero a nós parécenos incríble que tan só falten dúas semanas para rematar! Pasaron tantas tantas cousas este ano, que non damos crédito.

Como sabedes, as últimas semanas de curso todos os anos eran especiais e faciamos algo diferente.

Hoxe os maiores do cole estaríamos comezando a nosa excursión de fin de curso para despedirnos do cole etc. dános moita peniña... así que, dalgunha maneira queremos compensarvolo.
Despois de ver a vosa implicación e todo o que traballachedes durante o confinamento e neste cole virtual dende a casiña decidimos darvos unha sorpresa e a partir de hoxe seguiremos aprendendo pero Xogando!!

Adxuntamos un arquivo de actividades lúdicas para as diferentes materias para que fagades ao longo da semana, como mellor prefirades organizarvos. ( Iremos engadindo das diferentes materias da semana ao longo destos días)Polo momento achegomos xogos dalgunhas delas só. Publicaremos actualizacións! Non deixedes de consultalo, porfa.

1º PRIMARIA: Semana 12 casiña

2º PRIMARIA:Semana 12 casiña

3º PRIMARIA:Semana 12 casiña

4º PRIMARIA:Semana 12 casiña

5º PRIMARIA:Semana 12 casiña

6º PRIMARIA:Semana 12 casiña





Gracias enormes a  todas as familias por estar ao pé do cañón cada día, seguimos en contacto esta semana para o que sexa e non baixemos a guardia, que queda nadiña para estar de vacacións!

Personas con divertidos y felices ilustraciones de emojis. vector gratuito


Feliz día!

Nova semaniña.... e xa queda menos de curso!


Comezamos unha nova semana…. E adentrámonos xa de cheo na recta final do curso! Parece increíble que só queden dúas semaniñas!! J

Hoxe día 8 de xuño é o día mundial dos Océanos, así que imos comezar a xornada mergullad@s baixo o mar.

Comezamos coa enerxía dunha canción ben coñecida que nos dá moita enerxía positiva:

A continuación  vemos estas dúas curtas que nos farán pensar a cerca da situación que viven os mares e augas da Terra e do importantes que son para a vida de todo o planeta.


E por último, propóñevosmos dous retos artísticos  de reciclaxe relacionados  cos océanos para aquel que teña ganas de crear un pouquiño hoxe:

Facer un fondo mariño nun envase de ovos:

un oceano con una huevera 😍😉 con... - Manualidades D M | Facebook

Facer un animal mariño cun antigo cd:

 Actividades para Educación Infantil: 8 MANUALIDADES post-verano


Feliz día e recordade que os nosos  pequenos xestiños poden axudar a un planeta enteiro!

Se tedes algunha foto coidando as nosas praias, ou vos animades a facelo , animávosvos a compartilo! J



04/06/20

Traballiño de Ciencias Naturais.


1º primaria:5 xuño 2020
2º primaria:5 xuño 2020
3º primaria:5 xuño 2020
4º primaria:5 xuño 2020
5º primaria:5 xuño 2020
6º primaria:5 xuño 2020

Moitas graciñas polo esforzo e que teñades moi bo finde!!


Bo día de Venres peques!!!! :)

Cómo estades?  Sabedes que os venres son o noso día máis artístico así que imos alá coa nosa creatividade!!

Para comezar o día propoñévosos un conta contos moi verde, un amigo do noso Capitán Planeta!!! 

Como estamos mergullados na semana do medio ambiente seguiremos  coidando o planeta…

Para hoxe propoñémosvos varios retos artísticos con material de refugallo (reciclaxe). Estamos impresionadas con todas as creación chulas coas que nos estades a sorprender!!!!  Mil graciñas!

-        - Facer unhas flores ou un insecto con partes dun cartón dos ovos ou Pintar sobre unha cartolina con flores e témperas.
Manualidades de flores para recibir la primavera en familiaCangrejo y mariposa con cartón de huevos y pajitas | Manualidades ...
The ultimate five crafts for kids with household items only ...



-        - Crear unha MASCOTA para o cole con material de refugallo  que atopedes pola casa e  poñerlle un  nome relacionado co cole, con Trabada…

E se vos apetece, non esquezades un pouco de Ioga, é moi importante coidar o noso corpo e o noso interior e aprender a manter boa saúde postural.

Un abrazo de oso!