08/06/20

Martes 9 de xuño.

Ola Ola Caroles e Caracolas! Como estades? :) Gustánvos os xogos que vos estamos a propoñer?

Comezamos o día cunha canción que seguro moitos xa coñecedes de oila a diario na radio: Sueño:
https://www.youtube.com/watch?v=YQfncxFgmoI


Vemos un dos nosos xa "típicos" vídeo para reflexionar: https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=zON0wDD7VJY&feature=emb_logo
Que pensades que nos intenta ensinar?


E o reto artístico de hoxe será facer unha creación plástica a partir dun obxecto pequeniño que encontremos pola casa, facer un debuxo no que ese obxecto sexa parte do deseño. Aquí algunha idea de inspiración ( por favor só ideas non as copiedes jiji) Son creacións dunha artista de Instagram! A súa conta é https://www.instagram.com/cre_a_rte/?hl=es por se vos apetece botarlle un vistazo e deleitarvos coas ideas chulis que propón! :)


    


Ademais encantaríanos escoitarvos, e coñecer as vosas propostas para despedir o curso de maneira virtual. Que vos apetece facer neste fin de curso tan especial dende a casiña?

Un abrazo xigante cheo de cariño!!

P.D: non vos esquezades de consultar de novo os links de onte, pois engadimos novos enlaces a xogos!

Novidades para esta recta final.


Este curso 2019 2020 vai chegando ao seu fin... e como non deixou de sorprendernos... tamén nos trae sorpresiñas no traballo para estes últimos días. Non sei a vós, pero a nós parécenos incríble que tan só falten dúas semanas para rematar! Pasaron tantas tantas cousas este ano, que non damos crédito.

Como sabedes, as últimas semanas de curso todos os anos eran especiais e faciamos algo diferente.

Hoxe os maiores do cole estaríamos comezando a nosa excursión de fin de curso para despedirnos do cole etc. dános moita peniña... así que, dalgunha maneira queremos compensarvolo.
Despois de ver a vosa implicación e todo o que traballachedes durante o confinamento e neste cole virtual dende a casiña decidimos darvos unha sorpresa e a partir de hoxe seguiremos aprendendo pero Xogando!!

Adxuntamos un arquivo de actividades lúdicas para as diferentes materias para que fagades ao longo da semana, como mellor prefirades organizarvos. ( Iremos engadindo das diferentes materias da semana ao longo destos días)Polo momento achegomos xogos dalgunhas delas só. Publicaremos actualizacións! Non deixedes de consultalo, porfa.

1º PRIMARIA: Semana 12 casiña

2º PRIMARIA:Semana 12 casiña

3º PRIMARIA:Semana 12 casiña

4º PRIMARIA:Semana 12 casiña

5º PRIMARIA:Semana 12 casiña

6º PRIMARIA:Semana 12 casiña





Gracias enormes a  todas as familias por estar ao pé do cañón cada día, seguimos en contacto esta semana para o que sexa e non baixemos a guardia, que queda nadiña para estar de vacacións!

Personas con divertidos y felices ilustraciones de emojis. vector gratuito


Feliz día!

Nova semaniña.... e xa queda menos de curso!


Comezamos unha nova semana…. E adentrámonos xa de cheo na recta final do curso! Parece increíble que só queden dúas semaniñas!! J

Hoxe día 8 de xuño é o día mundial dos Océanos, así que imos comezar a xornada mergullad@s baixo o mar.

Comezamos coa enerxía dunha canción ben coñecida que nos dá moita enerxía positiva:

A continuación  vemos estas dúas curtas que nos farán pensar a cerca da situación que viven os mares e augas da Terra e do importantes que son para a vida de todo o planeta.


E por último, propóñevosmos dous retos artísticos  de reciclaxe relacionados  cos océanos para aquel que teña ganas de crear un pouquiño hoxe:

Facer un fondo mariño nun envase de ovos:

un oceano con una huevera 😍😉 con... - Manualidades D M | Facebook

Facer un animal mariño cun antigo cd:

 Actividades para Educación Infantil: 8 MANUALIDADES post-verano


Feliz día e recordade que os nosos  pequenos xestiños poden axudar a un planeta enteiro!

Se tedes algunha foto coidando as nosas praias, ou vos animades a facelo , animávosvos a compartilo! J