19/08/17

CHARLA DE EDUCACIÓN VIAL


Continuamos educándonos na Educación Vial.

 








ADAPTANDO O CENTRO AO AUTISMO


Este ano, a Comunidade Educativa do CEIP. Celso Currás, sumouse á iniciativa do centro CAPACES de Lugo de adaptar os centros educativos para rapaces autistas.
Iniciaron a actividade sensibilizando aos rapaces do noso centro con este tema e remataron colocando un pictograma en cada dependencia do colexio para facilitarlles así, o seu día a día.

                                                                         







O DÍA DO LIBRO


Durante este curso, os rapaces fixeron distintas actividades na biblioteca.  Unha delas, foi elaborar un lema para a nosa mascota. Despois, coa mascota e co lema, elaboramos unhos marcapáxinas (se entregaron aos rapaces o día do libro) e unhos adhesivos para colocar nos libros da biblioteca.










Tamén elaboraron un libro coas súas historias preferidas.

FROITA NA ESCOLA CO FOGGA


Durante o terceiro trimestre, os rapaces, disfrutaron de  froita fresca e variada tódolos días de colexio. Isto foi posible grazas a axuda do FOGGA e do colexio.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA



Despois de levar varios anos neste proxecto, por fin chega ao noso colexio o obradoiro de...Ponlle as pilas ao teu bocata.

Primeiro as monitoras  explicáronnos a forma de alimentarnos ben cunha charla e uns xogos.
                                                                           





Despois, no comedor os rapaces puxeron en práctica eses bos consellos elaborando cada un o seu bocata preferido.






Todos xuntos disfrutamos dun bocata de media mañá no porche.