13/11/18

MAGOSTO 2018


O pasado venres celebramos o Magosto popular no colexio, xunto cos rapaces e rapazas do CRA Ría del Eo de Abres e Piantón. 

Os máis pequenos gozamos dunha sesión de cestería, mentres que os maiores participamos nun obradoiro de baile tradicional galego. 

Ao rematar as actividades comimos e xogamos todos xunt@s. Por suposto, non faltaron as castañas! 


Grazas aos nos@s amig@s do cole veciño por participar nesta xornada xunto a nós! 






MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras enchénse de novidades este curso!🎒 
Xogos novos , abrementes, e libros actuais para que o noso alumnado aprenda e se divirta! Gozádeo en familia e sacadelle moito proveito!! O noso caderno viaxeiro estará moi contento se lle enchedes as páxinas de bonitas creacións!



07/11/18

ENGLISH TIME, HALLOWEEN!


The little ones of school keep enjoying and learning with Declan! This week was time for a magic Halloween potion to our friend Sharky 🦈👻
——————
Os máis pequenos seguen a gozar e aprender con Declan na clase de inglés.
Esta semana tocou preparar unha pócema de Halloween para espantar o medo do noso amigo/ mascota Sharky 🦈👻




06/11/18

SAMAÍN 2018


Taller de maquillaxe e caracterización de Halloween , por Oskar Aramburu 👻☠️🦇







SAMAÍN 2018


Postres con sabor de morte que degustamos para festexar o Samaín