16/03/20

COMEZAMOS! CLASES A DISTANCIA ( DÍAS NA CASIÑA COVID-19)


Bos días amiguiñ@s!

Como levades estes días de encerro na casiña? Agardamos que todo o mellor posible, aproveitemos para mellorar moito como persoas e pensemos en que todo pasa, todo irá ben, e prontiño volveremos á normalidade, xunt@s, con responsabilidade e sen medo poderemos co virus!
Para comezar a xornada, e para empezar con esta etapa tan peculiar de cole a distancia vexamos dous vídeos:

Un conto sobre o Coronavirus (https://www.youtube.com/watch?v=lHyj3lx69zg), que nos aclare un pouco toda esta situación na que estamos metidos e outro que se está a facer viral e demostra o noso lado máis humano, os xestos bonitos que están a saír da xente, da veciñanza nestes días difíciles (Vecinos en cuarentena tocan Titanic desde los balcones ( Barcelona))

Ademais, para poñer os nosos cerebriños a funcionar, realizaremos unha actividade de pensamento diverxente, un Think out of the box (Pensa fóra da caixa) á que os maiores xa están afeitos. Debemos sacar o noso lado máis creativo e orixinal. Propoñémosvos un debuxo que parece ser algo moi común, pero o noso obxectivo é transformalo/ debuxar algo diferente partindo desa forma dada.


Ademais podemos amenizar o día coa canción Resistiré, e cantar a todo pulmón coas nosas familias, e facer algunha das moitas propostas indicadas a través das redes sociais J


A continuación, pouco a pouco iremos indicándovos algunha tarefa para cada materia.