16/03/20

DÍA 1. TRABALLIÑO.





Hoxe vamos con algo de retraso, dar entendido isto e algún problemiña técnico deunos problemas, pero temos tempo e tempo para facer todo o que vos achegamos. Esperamos a vosa comprensión, aquí vos mandamos o enlace  a un documento ao traballo de cada curso. Xa sabees se algún atopa problemas para abrilo etc por favor poñédevos en contacto mediante o teléfono. Ánimo! :) 

6º primaria: Traballo 16.03.2020
5º primaria : Traballo 16.03.2020
4º primaria: Traballo 16.03.2020
3º primaria: Traballo 16.03.2020
2º primaria: Traballo 16.03.2020
1º primaria: Traballo 16.03.2020

COMEZAMOS! CLASES A DISTANCIA ( DÍAS NA CASIÑA COVID-19)


Bos días amiguiñ@s!

Como levades estes días de encerro na casiña? Agardamos que todo o mellor posible, aproveitemos para mellorar moito como persoas e pensemos en que todo pasa, todo irá ben, e prontiño volveremos á normalidade, xunt@s, con responsabilidade e sen medo poderemos co virus!
Para comezar a xornada, e para empezar con esta etapa tan peculiar de cole a distancia vexamos dous vídeos:

Un conto sobre o Coronavirus (https://www.youtube.com/watch?v=lHyj3lx69zg), que nos aclare un pouco toda esta situación na que estamos metidos e outro que se está a facer viral e demostra o noso lado máis humano, os xestos bonitos que están a saír da xente, da veciñanza nestes días difíciles (Vecinos en cuarentena tocan Titanic desde los balcones ( Barcelona))

Ademais, para poñer os nosos cerebriños a funcionar, realizaremos unha actividade de pensamento diverxente, un Think out of the box (Pensa fóra da caixa) á que os maiores xa están afeitos. Debemos sacar o noso lado máis creativo e orixinal. Propoñémosvos un debuxo que parece ser algo moi común, pero o noso obxectivo é transformalo/ debuxar algo diferente partindo desa forma dada.


Ademais podemos amenizar o día coa canción Resistiré, e cantar a todo pulmón coas nosas familias, e facer algunha das moitas propostas indicadas a través das redes sociais J


A continuación, pouco a pouco iremos indicándovos algunha tarefa para cada materia. 

17/09/19

COMEZA O CURSO 2019/20!!



Benvid@s de novo! 

Xa estamos poñendo o novo curso en marcha... Este ano andaremos máis activos por outras redes sociais : facebook (Ceip Plurilingüe Celso Currás) e instagram (@ceipcelsocurras), así que se non queredes perder detalle do que acontece no colexio por alí nos debedes visitar 😊
Amosámosvos unha pequena pista de cal será o noso lema e o noso proxecto ao longo do curso. 


18/06/19

MASTER CHEF TRABADA 2019


Xornada MasterChef Trabada! 

Obradoiro de cociña cun menú ben refinado e delicioso que todos elaboramos e probamos con moito gusto!!! Moitas gracias a Jose pola súa colaboración e a Pilar a cociñeira por esta xornada tan especial.


La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas y personas comiendo

La imagen puede contener: una o varias personas y comida

La imagen puede contener: comida

La imagen puede contener: una persona, sentada

La imagen puede contener: comida

La imagen puede contener: personas sentadas y comida

La imagen puede contener: comida

INAGURACIÓN RESIDENCIA DE MAIORES


A pasada semana acudimos á Inauguración da Residencia de Maiores do noso pobo! Dá gusto ver como se xuntan as xeracións máis vellas coas máis novas do concello nun día moi importante para tod@s!!

La imagen puede contener: 7 personas, personas sentadas e interior


La imagen puede contener: 7 personas, personas sonriendo, interior

La imagen puede contener: una o varias personas y personas de pie

La imagen puede contener: 3 personas, incluido Mayra García Bermúdez, interior