18/03/20

DÍA 3. 18 MARZO 2020. COMEZAMOS CON ÁNIMO!


Bos días chic@s!!!!!! Que tal estades??? Hoxe por aquí luce o sol! Por aí por Trabada tamén? Está un día precioso, e estamos seguras de que ideas aguantando moi ben este encerro que nos toca vivir estos días.  Estades a aproveitar moito o tempiño coa familia?

Hoxe para comezar o día con moi boa enerxía propoñémosvos escoitar unha canción: TU sonrisa: https://www.youtube.com/watch?v=JFyEx-DGvfk  ( escoitadea todas as veces que queirades, saltade, berrade, bailade… J ) e contestade esta reflexión.


QUÉ SIGNIFICA UN SORRISO PARA TI? DE QUE MANEIRA INFLÚE EN TI E NO TEU AMBIENTE?

Despois coma sempre, podedes ver un vídeo con ensinanza:  Hoxe xa que a cousiña vai para uns días deixámosvos 3 J

Dust buddies: https://www.youtube.com/watch?v=xSCjrLK5M04 (amizade, empatía)
La cadena de la empatía: https://www.youtube.com/watch?v=Kv3LxHBSN3Y (empatía, boas acción)

Un Think out of the box para poñer as nosas cabeciñas a funcionar…..
Non é unha estrela! 



E hoxe por que non? Propoñémosvos uns cantos RETOS para estos días que serían “sen clase” ;) Anímadesvos a facelos? 
Sería xenial que enviarades fotiños deles! 


-      Construír algún tipo de forte/fortificación na casiña, como se tiveramos que crear unha guarida ou lugar de protección. Poñede imaxinación e a traballar! ( cartóns, coxíns, mantas, paus… todo vale!! J )



-      Facer unha lista da compra moi orixinal para estos días de confinamento na casiña ( a VOSA lista da compra eh? Non aquilo que os papás/mamás recomenden comprar; aquilo que a VÓS máis vos apeteza ter na casa estos días)


-      Mandar un vídeo ao teléfono do cole realizando algunha coreografía ( das que enviou Paula ou outra que vos apeteza a vós) así xa que non nos podemos ver cara a cara, anímamonos o día uns a outros.

-      Facer unha manualidade decorando pedras. Sei que non todos tedes xardín ou horta , pero vexamos se podemos conseguir unhas pedriñas para pintar e decorar ao noso xeito.

-      E , por último, facer algún tipo de móvil ou artefacto colgante con material de refugallo que poidamos colgar nunha ventá ou no balcón, e que ademais de decorar ben fermoso leve algún mensaxe de ánimo que nos chegue a tod@s.

Que vos parece? COMEZAMOS??  Con forza!!!  Let’s go campeóns!


Tamén podemos escoitar a canción que os maiores do cole nos ensinaron, e a verdade é preciosa, sobre a Amizade e o amor polos animais, HAPPIER, para motivarnos! Mirade que bonitas as imaxes!
Grazas por ensinarnola, compartir é de sabios!






17/03/20

DÍA 2. TRABALLIÑO. 17 Marzo 2020



Aquí vos enlazamos os diferentes arquivos para o traballo de hoxe, unha vez máis desglosados por cursos. Agardamos que funcionen ben os enlaces e se comprenda, moito ánimo e graciñas! 


Manteñámonos entretidos e sobre todo Keep Calm :)


1º primaria: Traballo 17.03.2020
2º primaria: Traballo 17.03.2020
3º primaria: Traballo 17.03.2020
4º primaria: Traballo 17.03.2020
5º primaria: Traballo 17.03.2020
6º primaria:Traballo 17.03.2020



16/03/20

DÍA 2. 17.3.2020 AVANZAMOS UN POUQUIÑO NESTOS DÍAS DE CONFINAMENTO.



Bos días pequen@s e familias! Como ides? Estrañánse moito as vosas risas , voces e agarimos. Esperamos que lles esteades a facer os días moi entretidos ás vosas familias e aprender un montón xunt@s. Todos temos un montón de cousas no noso interior para ensinar! J

Aquí un resumo de ideas para o día de hoxe:


  •       Non esquezas facer  ao longo destes días o Arco da Vella challenge #todoiráben
  •      Crea unha caixa de ideas (cando se nos ocurra algo chulo para facer escribimolo nun papeliño e así ao final da semana temos un banco de recursos cheos de ideas molonas para compartir en familia e non aburrirse)
  •      Escribe algo diariamente para o frasco da felicidade que temos no cole. Todos os días teñen algo bo!
  •       Aprende a letra da canción Resistiré.
  •      VÍDEO PARA HOXE:  A cloudy lesson: Qué bonito empezar así o día! Dándonos conta de canto podemos ensinar @s nen@s    https://www.youtube.com/watch?v=Da1jeVEcpg0
  •       Think out of the box, PENSEMOS FÓRA DA CAIXA ( complete o debuxo): NON É UN DONUT ;) 
LET'S GO! 


DÍA 1. TRABALLIÑO.





Hoxe vamos con algo de retraso, dar entendido isto e algún problemiña técnico deunos problemas, pero temos tempo e tempo para facer todo o que vos achegamos. Esperamos a vosa comprensión, aquí vos mandamos o enlace  a un documento ao traballo de cada curso. Xa sabees se algún atopa problemas para abrilo etc por favor poñédevos en contacto mediante o teléfono. Ánimo! :) 

6º primaria: Traballo 16.03.2020
5º primaria : Traballo 16.03.2020
4º primaria: Traballo 16.03.2020
3º primaria: Traballo 16.03.2020
2º primaria: Traballo 16.03.2020
1º primaria: Traballo 16.03.2020

COMEZAMOS! CLASES A DISTANCIA ( DÍAS NA CASIÑA COVID-19)


Bos días amiguiñ@s!

Como levades estes días de encerro na casiña? Agardamos que todo o mellor posible, aproveitemos para mellorar moito como persoas e pensemos en que todo pasa, todo irá ben, e prontiño volveremos á normalidade, xunt@s, con responsabilidade e sen medo poderemos co virus!
Para comezar a xornada, e para empezar con esta etapa tan peculiar de cole a distancia vexamos dous vídeos:

Un conto sobre o Coronavirus (https://www.youtube.com/watch?v=lHyj3lx69zg), que nos aclare un pouco toda esta situación na que estamos metidos e outro que se está a facer viral e demostra o noso lado máis humano, os xestos bonitos que están a saír da xente, da veciñanza nestes días difíciles (Vecinos en cuarentena tocan Titanic desde los balcones ( Barcelona))

Ademais, para poñer os nosos cerebriños a funcionar, realizaremos unha actividade de pensamento diverxente, un Think out of the box (Pensa fóra da caixa) á que os maiores xa están afeitos. Debemos sacar o noso lado máis creativo e orixinal. Propoñémosvos un debuxo que parece ser algo moi común, pero o noso obxectivo é transformalo/ debuxar algo diferente partindo desa forma dada.


Ademais podemos amenizar o día coa canción Resistiré, e cantar a todo pulmón coas nosas familias, e facer algunha das moitas propostas indicadas a través das redes sociais J


A continuación, pouco a pouco iremos indicándovos algunha tarefa para cada materia.