O día 25 de novembro levouse a cabo no centro un taller de cociña a través do Concello. Neste taller aprendimos moitas cousas grazas a Teresa, unha cociñeira moi simpática, que nos deu unha charla sobre nutrición. Traballamos con diferentes alimentos doces e salados e tamén con lambetadas. Para rematar o taller tivemos uns postres sorpresa!!!
Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
25/11/15
20 NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS
Con motivo do Día dos Dereitos dos nenos, dende a Biblioteca do centro propúxose unha actividade onde cada aula debía completar uns carteis referidos a esta temática. Unha vez rematados expuxémolos nun dos corredores do colexio.
Aula Infantil
Aula 1º /2º
Aula 3º/4º
CARTEIS DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)